lugar para a conectividade e o intercambio de memoria sobre o noso pasado personal e humano |
|
WEBSERIE HISTORIAS ARREDOR DA VIDA
Nominada aos premios Youtubeir@s 2022
REMOVENDO A TERRA
Selección Oficial no 36 CINEUROPA, 2022
RESONANCIAS DO PASADO
Premio do Público no MICE de Santiago de Compostela, 2022
Selección Oficial no Primavera de Cine de Vigo, 2021
EU TAMÉN NECESITO AMAR
Premio Mellor documental galego CURTAS 2019.
Selección Oficial MICE 2020. Santiago (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial ESPIELLO 2020. Boltaña-Huesca (aplazado polo coronavirus)
Selección Oficial Mostra de Cine de Lugo
THE BATTLE OF THE GOOD MEN
Selección oficial Cans 2018. sección vídeo clips.
Selección oficial Son Rías 2018. sección vídeo clips.
A VOLTA DOS NOVE
Nominación Mellor Documental
Premios Mestre Mateo, 2015
Premio do Público
Festival Primavera do Cine, 2015
DESDE DENTRO DO CORAZÓN
Nominada a Mellor Banda Sonora
Jerry Goldsmith Awards, 2013
Nominada a Mellor Longametraxe
Festival Primavera do Cine, 2014
O FAIADO DA MEMORIA
Arousán do Ano 2009
Apartado Cultura
A MEMORIA NOS TEMPOS DO VOLFRAM
1º Premio Certamen Etnográfico
Espiello, 2005
|
|

|
ARQUIVO DA MEMORIA SOCIAL |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
descarga do libro HISTORIAS DUN TEMPO VIVIDO |
|

HISTORIAS DUN TEMPO VIVIDO
Pois non deixedes de descargar este libro que O FAIADO DA MEMORIA ten a partir de hoxe a vosa disposición na blogoteca, aqui na vosa paxina.
Son historias que nos conta José Manuel Casalderrey, historias da súa infancia, da súa adolescencia, da súa vida nun entorno familiar único, que non te deixará indiferente, proba e comenta que che parece. E, como el di, tódalas historias, ainda que non o pareza, son verdadeiras.
Gracias Casalderrey, por deixarnos entrar e vivir contigo a túa memoria e raices. Unha aperta
Hoxe acompañáronos na presentación do libro aos medios de comunicación vilagarcianos, algúns amigos de Casalderrey, como Chus Estévez, José Carlos Dasilva, Roberto Ocaña, Luis Silva, Eduardo Miranda, Jacobo Rey, Carlos Puga, Jesús Villaverde, Manolo Pérez e Paco Salgado. Non poido estar pero amosou o seu pesar Alfonso Galbán. A todos, moitas gracias.
Gustaríanos moitísimo que chegarades ao libro, o descargarades, xa que conta cunha chea de fotos de Vilagarcía, logo as historias de Casalderrey merecen a pena. Gustaríanos saber da vosa opinión. A ver si vos animades.
E, o importante, é que disfrutedes e que lle pasedes o enlace aos amigos, para que tamén o disfruten.
ENLACE DE DESCARGA DO LIBRO. CLICA AQUÍ |
|
|
|
9 de MAIO: ESTAMOS DE DÉCIMO ANIVERSARIO |
|

Amigas e Amigos:
Hoxe, 9 de maio de 2018, o Faiado da Memoria cumple 10 anos.
Contra vento e marea resistimos e seguimos aquí, quizá, máis fortes que nunca.
Fai catro días ofertábamos 108 prazas para ir de viaxe a illa de San Simón, un capítulo importante das nosas vidas xa que o traballo que realizamos nese lugar foi, en certo modo, o que fixo nacer este Faiado que agora visitades. Pois en cousa de 48 horas esgotáronse as prazas. E ainda quedan uns dous meses para facela viaxe.
E seguimos dándolle a cabesiña para realizar mais actividades co pouco que podemos, tamén non é cousa de que o éxito nos mate, senón ir, como sempre, a velocidade das estrelas: despacio pero sen pausa.
Pero hoxe é un día para celebrar e así como fai uns meses, anunciando o aniversario, vos ofrecíamos un libro dixital, hoxe volvemos a facelo, non un, senón dous. O primeiro é o mesmo de A FESTA DOS MAIOS pero renovado, correxido e ampliado. E o segundo, mais grande, e do mesmo autor, o amigo Carlos Rey, é o de FUCHES PERO NON VICHES NADA, un compendio de pequenas historias de costumes, lendas e personaxes da vida vilagarciana e incluso de recetas culinarias.
Os dous traballos son para poder ser vistos de forma online ou mesmo poder descárgalos. Como a algún e algunha vos gusta telos impresos, pois tamén temos, para descargar do mesmo modo, as portadas de ambos por si os queredes encadernar (en color quedan de marabilla, volo digo por experiencia personal).
Isto é como un Ikea cultural, nós os damos os patróns e vos compodes o libro a vosa maneira, e sen necesidade de instruccións.
Aquí vos deixamos os enlaces para que poidades ver estes preciosos traballos que vos permitirán coñecer un pouco a vida deste voso pobo (antes de que o enchesen de cemento:
Disfrutade que é una das poucas cousas gratis que a vida nos pode dar.
E aquí vos deixamos un vídeo que fixemos sobre os Maios que fixemos en Vilaxoán. |
|
|
|
descarga o libro AS FESTAS DOS MAIOS NO CONCELLO DE VILAGARCÍA |
|
 Estimadas Amigas e Amigos,
con motivo do inicio das preparacións para a celebración do noso décimo aniversario, que terá lugar o día 9 de Maio de 2018, acabamos de rematar un libriño escrito polo noso amigo e gaiteiro Carlos Rey Cebral e que leva por título: AS FESTAS DOS MAIOS NO CONCELLO DE VILAGARCÍA.
Aparte dos coñecementos etnográficos de Carlos sobre a materia, este libro conta cunha boa cantidade de fotografías das Festas dos Maios no noso pobo.
A pesares de que o libro céntrase en Vilagarcía o seu interese non se queda soamente no local, senón que abrangue a outros lugares e mostra distintos motivos e formas desta celebración que se mantén viva en Vilagarcía.
O libro está só en formato dixital e pódese descargar libre e gratuitamente, simplemente premendo aquí.
Tamén en versión EPUB premendo aquí.
Espero que vos guste tanto como a nos nos encantou facelo.
Desexamos darlle as gracias a Carlos Rey pola confianza que ten en depositar en nos estes agasallos que nos axudan a entender mais a cultura e tradición do noso pobo.
Un saudo a todas e todas e que teñades unha moi boa semana.
|
|
|
|
Folleto do proxecto DESDE DENTRO DO CORAZÓN |
|
Para aquelas personas que non recibiron o folleto do proxecto documental DESDE DENTRO DO CORAZÓN poden descargalo desde este enlace https://www.box.com/s/1e2f70ab896476f4bf36 e así estar informado de que trata o documental, do que fixemos desde O Faiado da Memoria e do que queremos facer e polo que estamos solicitando unha aportación económica no seguinte enlace http://www.verkami.com/projects/1878-desde-dentro-do-corazon/contribute/select/9402
Gracias por estar con nós. |
|
|
|
A BANDA SONORA DE "O CARRIL CHEIRA A MAR" EN DESCARGAS |
|

Estimadas Amigas e Amigos, as exposicións remataron, si, pero algo queda no ambente. Despois de desfrutar coa vista e o oido os sentimentos da exposición de O Gato Negro, agora podemos seguir facendoo co son.
Si, as cancións que gravaron os irmáns Garrido coa axuda de Juan Carlos Porto podedes baixalas agora co simple xesto de clicar neste enlace e que vos levará a un baixador de onde o poderedes descargar. O proceso é identico as outras descargas que temos na sección.
Como foron moitas as personas que nos solicitaron de como podían conseguir esa gravación e tamén son moitas as que están fora e non poideron vela en vivo, será esta unha forma de poder sentila.
Aparte dos sete cortes de música popular o arquivo contén o diseño para unha carátula e outro para a galleta (o que vai impreso sobre o cd) para o CD. Isto é para aqueles que queiran ter guardado este traballo cun certo cuidado e detalle.
Cando vos atopedes con Pilar, Lourdes e Javier Garrido ou con Juan Carlos Porto non lle esquenzades de darlles as gracias posto que son eles os que vos están dando este regalo.
Que o disfrutedes. |
|
|
|
MÚSICA PARA DISFRUTAR |
|
Isto simplemente é unha repetición do texto do anterior post. Mais que nada para que quede constancia do feito na ZONA DE DESCARGAS e vos sexa mais fácil atopalas mais adiante no tempo.
Para aqueles que non saben que música colocar e atendendo a varias solicitudes que nos fixeron vía correo electrónico e personalmente vamos a colocar para que podades descargar algúns temas que para nos son inspiradores ou inspirados neste voso blog. En primeiro lugar vamos a deixar un arquivo das composicións do membro do Faiado, o noso querido amigo, Juan Carlos Porto. Premendo aquí mesmo podemos descargarnos un arquivo que, despois de descomprimilo disfrutaremos do tema da banda sonora de O Faiado en tres versións distintas e o tema realizado para o vídeo de os anos trinta.
A disfrutar. |
|
|
|
O NÚMERO DOUS DO VALENTÍN TRIBUNE |
|
.jpg)
Ainda que pareza a mesma imaxe da que xa puxemos anteriormente, con motivo da presentación do número catro, non é así.
Esta portada corresponde o número dous do Decano da Prensa Caballeresca na súa edición "carnavalera".
O grandioso Valentín Tribune.
Estamos no ano 1971, nos días exactos da botadura e singladura do Submarinentín que podedes ver no vídeo que está mais abaixo ou mesmo na galería reservada para os temas audiovisuais.
Esta edición está chea de noticias mais ou menos certas e incluso falsas de todo. A calidade deixa un tanto que desexar pero, de momento, é o que che hai. Maloserá que non consigamos copias mellores que podamos cambiar por esta dentro de pouco.
Para baixala só teredes que premer aquí e seguilo procedemento habitual ao que estades, pola gran cantidade de baixadas, moi habituados.
Que vostedes o disfruten. |
|
|
|
ZONA DE DESCARGAS |
|
A partires de agora, na parte esquerda da pantalla deste blog, tedes un novo espazo que se chama ZONA DE DESCARGAS.
Alí van a ir a parar os distintos arquivos que podedes baixar do blog, ben os que xa están nestes momentos (historia dos trompos, apropósitos, Carús, Valentín Tribune,...) como os que se vaian engadindo a partires de agora.
Gracias e disfrutade. |
|
|
|
Cando os Zeppelentinianos daban lustre a Vilagarcia |
|
Traemos hoxe un exemplar da afamada e nunca sufecentemente ben ponderada "Orden del Zeppelentín", o "Valentín Tribune", decano da prensa caballeresca.
Trátase do número catro de tan insigne organo oficial que relata, coa súa modestia natural, as xestas heroicas e avatares dos zeppelentinos e incluso, con reservas, das zeppelentinas.
Alí podemos ler a botadura e posterior singladura do sumarinintín alá polas Malveiras, para maior gloria da orde e coa promesa de non queimala de novo, as xustas de Oca, as votacións democráticas dentro da Orde o que non era moco de pavo tendo en conta de que estamos en 1971 e iso de votar non che era moi ben visto por estes lares, nin por outros lares, e outras andanzas que se recopilan nestas oito paxinas de humor neosurrealista-postpousadoiro.
Extractamos un extracto que eles extractan dun escrito realizado, supostamente, por Ramón Taboada na prensa precapitalina da época e que fala da Orde: "los motivos que reunen a los zeppelentianos tienen la trascendencia de lo informal y el sano concepto humorístico en la interpretación de estereotipados convencionalismos...es un movimiento liberatorio que sienta muy bien a la salud pública y proporciona una terapéutica al tratamiento de las coronarias".
AHÍ ES NÁ!!
Clicando aquí mesmo, e seguindo os pasos habituais, poderedes baixar o pdf deste número catro e posteriormente xa iremos proporcionando outros números sen seguir ningún orden nen raciocinio. Vamos, según nos veña ben.
Esperamos facer unha galería co material que consigamos desta orde xa que sabemos que é abundante e interesante e tendo en conta de que boa parte dos membros da orde son asiduos (ou intermitentes) de O Faiado os comentarios das súas andanzas poden ser de todo menos aburridos.
A donación desta publicación foi realizada por Francisco Javier Silva (a quen SanValentinín lle conceda un credito de moitos anos de vida (boa)).
Disfruten e fáganolo saber.
Gracias. |
|
|
|
novo Aproposito para baixar |
|
Fantasias de Severo ó Contra todo y contra nadie e o segundo apropósito que nos enviara Pepe Prego. Este está firmado por Manuel Rey Posse e J. Buhigas Olavarrieta con "incustraciones" de Roman Fernández Gil, coautor de arremángate que hay lama.
Este é un "despropósito cómico-lírico-dramático, de caracter impesionista, en tres actos y una porción de cuadros con sus marcos correspondientes, adquiridos al favor de la baja".
Esta obra, o igual que a anterior, foi editada na imprenta de "Galicia Nueva" e ten data de 1924, 8 anos despois de "arremángate...".
Parte dos actores da outra obra repiten nesta e vemos nomes novos que nos resultan familiares (José Vaello, Manuel Brumbeck, os irmáns Rey Posse,...).
A propiedade literaria foi empeñada "en el monte de la sociedad RECREO LICEO de Vilagarcía, por unha encete a base de lacón, vinos variados y víveres finos...". O presidente da entidade era, naquel ano, Valentín Briones.
Nunhas das estrofas que entonan "los pollos bien" din (con música da zarzuela, la montería):
Criada gentil,
Mucama de mi amor
ven a bailar...
aprenderás el fox
Serás feliz
mientras bailando estés.
Juntos los dos
tu cuerpo estrecharé.
Para ti mi querer
si a la Concha no faltas mi bien
vete hoy allí. Bailarás
conmigo el fox del Club Real.
¡Que placer! ¡Que placer!
es bailar en la Concha mi bien
vete hoy allí. Bailarás
conmigo el fox del Club Real.
Este é o enlace para poder baixar o libriño deste apropósito en formato pdf.
|
|
|
|
|
|
|
|
|