Este Nadal vin moitas películas, entre elas 2012. Collendo de base a profecía maia de que o mundo acababa no 2012, desenvólvese un filme catastrofista.
Os presidentes dalgúns países deciden construír unhas arcas que salvaran á poboación que poida pagar o elevado precio que costan os asentos e aos seus familiares. Para o resto do mundo a existencia destas arcas permanecerá en segredo.
Unha familia de California descúbreo e deciden viaxar ata as arcas para intentar entrar. Se o conseguen ou non? Terédela que ver!
Regaláronme un e-reader de Amazon. É moi útil porque podes ter almacenados moitos libros e non pesan nada.
Podes descargar os libros da páxina web de Amazon ou pagar un determinado prezo dependendo da edición do libro.
Vin esta película do director francés Jean-Pierre Jeunet e encantoume. Trata dunha rapaza que é camareira nun bar en París que vive soa e que lle gusta tirar pedras ao río Sena. Tivo unha infancia difícil porque o seu pai pensaba que tiña problemas cardíacos e non xogaba con outros rapaces. Logo de maior descubre non seu baño unha caixa con xoguetes pertencentes a un rapaz que vivíu nesa casa e decide devolverlla. A partir de aí decide que lle vai cambiar a vida á xente para facela máis feliz. Pero esquécese de buscar a súa propia felicidade.
É unha historia moi bonita e recoméndovos vela.
Este libro linno fai uns días e encantoume. Trata dunha nena chamada Septiembre que é raptada polo vento e que a leva a Terra Fantástica. O libro conta as aventuras que ten nese lugar.
Parécese a Alicia en el País de las Maravillas, El Mago de Oz, Peter Pan...
Esta canción cantáa Zaz, unha cantante francesa. A canción fala de que o mundo está cheo de cousas que non importan de verdade. Tamén di que o que ela quere é o amor, a felicididade e a liberdade. Encántame esta canción.
Fun a Madrid a ver o musical "El rey león" e a verdade, encantoume. Era todo moi espectacular e os actores e actrices cantaban todos moi ben. A min as partes que maís me gustaron foron o comezo, cando sae o sol e entran todos os animais, e cando Simba e Nala cantan "Yo voy a ser el rey león".
Recoméndovos ir a velo pero as entradas son caras.
Onte fun ao cine e vin Profesor Lazha, unha película canadiense que trata dunha clase á que lle morre a profesora. Chega un sustituto, o profesor Lazhar que ven de Arxelia onde todo é distinto. Durante a película vanse descubrindo cousas sobre o suicidio da profesora e da verdadeira identidade do profesor.
Encantoume. Recoméndovos ir a vela pero avísovos que é unha película de pensar e comprender.
É un libro moi intrigante e misteriosos que escribiu a escritora británica Agatha Christie.
Gustoume moito porque mantén a intriga ata o último momento e o final é inesperado.
Trata duns pasaxeiros dun tren que se ven involucrados nun asasinato e que o mítico Hercule Poirot resolve.