 Lin este libro fai un mes, mais ou menos. Foi unha casualidade, porque non o estaba buscando, vinno alí, na libería e chamoume a atención. Foi unha sorte.
É a autobiografía de Malala Yousafzai, a rapaza paquistaní que defende os dereitos das nenas a ir á escola. Por ese motivo os talibáns pegáronlle un tiro, pero non conseguiron silenciala.
O libro é precioso, conmovedor e faiche pensar na sorte que tes ao non ter que pasar polo que pasou ela.
Recoméndovos lelo,é simplemente xenial. |