Vin esta película do director francés Jean-Pierre Jeunet e encantoume. Trata dunha rapaza que é camareira nun bar en París que vive soa e que lle gusta tirar pedras ao río Sena. Tivo unha infancia difícil porque o seu pai pensaba que tiña problemas cardíacos e non xogaba con outros rapaces. Logo de maior descubre non seu baño unha caixa con xoguetes pertencentes a un rapaz que vivíu nesa casa e decide devolverlla. A partir de aí decide que lle vai cambiar a vida á xente para facela máis feliz. Pero esquécese de buscar a súa propia felicidade.
É unha historia moi bonita e recoméndovos vela.