O castelo de Aldara











O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

La Princesita
Hoxe vin unha película que é moi bonita. Chámase La Princesita.
Trata dunha nena, Sara, que ten que separarse do seu pai cando el vai á guerra e ir vivir a un internado dirixido por unha "señorona" moi mala.
No día do seu aniversario chégalle a nova de que o seu pai morreu en combate. A "señorona" mandaa vivir ao faiado con Beckie,unha nena negra que é a criada. Sara non para de loitar polo que é seu e faise amiga dun mono que vive na casa de en frente (pertencente a un hindú). Os veciños da casa de en frente axudan a un militar a recuperarse das súas feridas. Dase a casualidade de que, ao final da peli, o soldado,que perdera a memoria, É O PAI DE SARA!!!!!!
Gustoume moito.Esta canción é unha das máis bonitas da peli.





As the moon kindles the night
As the wind kindles the fire
As the rain fills every ocean
And the Sun the Earth
With your heart kindle my heart

Take my heart
Take my heart
Kindle it with your heart
And my heart cannot be
Kindled without you
With your heart kindle my heart
Comentarios (2) - Categoría: Cine - Publicado o 14-05-2010 17:53
# Ligazón permanente a este artigo
La Niñera Mágica y el Big Bang
O luns fun ver esta película e encantoume. Eu xa vira a primeira e xa me gustara moito. A parte que máis me gustou foi cando os porcos fan natación sincronizada. Na que máis me emocionei... mellor nos vos conto máis e así quedades coas ganas de ir vela. Os meus personaxes favoritos son Megsie e Vincent. Se queredes ir a páxina premede AQUÍ

Comentarios (2) - Categoría: Cine - Publicado o 06-04-2010 20:36
# Ligazón permanente a este artigo
Corazón de tinta
Córazon de tinta é a miña película favorita. Trata de que, Meggie unha nena de 12 anos, ten un don: cando le un libro en voz alta o que le aparece xunto a ela. Está baseada no libro de Cornelia Funke. Recoméndovola !!!!!!!!!!


Comentarios (4) - Categoría: Cine - Publicado o 24-02-2010 22:04
# Ligazón permanente a este artigo
Kika Superbruja y el libro de hechizos
Esta película gustoume moito. É moi divertida. Xa non vos digo de que trata porque seguro que xa a víchedes ou léchedes os libros. Recoméndovola!



Comentarios (1) - Categoría: Cine - Publicado o 11-02-2010 21:43
# Ligazón permanente a este artigo
Campanilla y el Tesoro Perdido
Onte vin Campanilla y el Tesoro Perdido. Nesta nova aventura de Campanilla ela ten que facer un cetro para a cerimonia do outono. Un día rómpelle a pedra luar que era a única que existía e que tiña que utilizar para facer o cetro. Sae na busca dun espello que lle pode conceder un desexo ...
Xa non vos conto máis ,é moi bonita. Recoméndovola



Comentarios (0) - Categoría: Cine - Publicado o 28-12-2009 15:34
# Ligazón permanente a este artigo
Polar Express!!!!
Esta canción chámase Estrella Boreal é da película Polar Express. A película trata dun tren que,en Noiteboa,recolle a algúns nenos para ir ao Polo Norte a ver a Papá Noel. A min o personaxe que máis me gusta e a nena,que non sei como se chama. Hai escenas moi bonitas e é moi emotiva. Recoméndovola!!!

Estrella Boreal
yo trato de creer
que no importa el lugar
me encontrará esta vez.
Quizá esté ocupado
porque no viene jamás,
yo pienso en el en cada Navidad.

Te puedo prometer
no hay época mejor
la fiesta en el hogar
te envolverá en amor.
Preparar con amigos que vendrán.
Disfrutaras en cada Navidad.

Mil regalos que los niños
van a recibir.
aunque oí hablar de eso
nunca lo viví.
nadie dormirá impaciente
para vigilar
si Papá Noel vendrá.

Cuando oigo el cascabel,
lo intento escuchar.
Los ángeles también,
no oigo su cantar.
Los sueños de los niños ,
Al fin se cumpliran.

No quiero más en cada Navidad.
No quiero más en cada navidad.



Comentarios (5) - Categoría: Cine - Publicado o 15-12-2009 11:59
# Ligazón permanente a este artigo
Up
O día 12 de outubro fun ao cine a ver Up. Up trata de, Carl, un home que quere viaxar as Fervenzas Paraíso coa súa muller, Ellie. Pero, Ellie morre e Carl non conseguiu ir ata alí con ela, que era o que lle prometera de pequeno. Pero máis tarde consígueo coa axuda dos globos que tiña gardados na súa casa . Antes de marchar coñece a Russel un neno máis pesado !... pero simpático que se embarca con el na aventura máis emocionante das súas vidas.
RECOMÉNDOVOLA!!!!!
Este cacho é do principio, do que viviron os dous xuntos.



Comentarios (3) - Categoría: Cine - Publicado o 19-10-2009 20:37
# Ligazón permanente a este artigo
Azur e Asmar
Azur e Asmar é unha película de Michel Ocelot, o creador de Kirikou. Fala de dous nenos que se criaron como irmáns. Azur é fillo de nobres e Asmar é o fillo da nodriza que coidaba de Azur. A nodriza cóntalles aos dous lendas sobre a fada dos Jins e de maiores van buscala.
Deberíades vela, é moi bonita, a ver se vos gusta o anaco que puxen!!


Comentarios (2) - Categoría: Cine - Publicado o 09-02-2009 13:33
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0