ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

SON ACERTADAS AS PALABRAS DE TONI CANTÓ?
O pasado 16 de Abril, o actual deputado da UPyD valenciana, Toni Cantó, volveu á polémica ao comparar a inmersión lingüística coa pederastia nunha recente entrevista para a revista Jot Down. El defendeu o dereito a elixir a lingua na que se desexa estudar, poñéndolle límites ás leis que o impiden, ao igual que se lle impide a un pederasta facer o que desexe. Obviamente foi unha comparación moi pouco acertada e que el mesmo recoñeceu ao longo da entrevista.

Con esta comparación o que pretendía era facer referencia á controversia que xurdiu no Tribunal Superior de Xustiza Catalán no que se sentenciaba que si un alumno pide mais horas en castelán que en catalán, o colexio debe proporcionarllas. Algo sobre o que Toni Cantó se manifestou totalmente a favor, xa que para el, o dereito a elixir a lingua na que te queres formar é un dereito mais ao que todos teñen dereito.

Fabián Gómez Ces
2ºBACH B
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 09-05-2013 09:37
# Ligazón permanente a este artigo
En torno ás Letras Galegas

Galicia, a nosa terra, o noso lar, tamén é marco de lingua e literatura.
A cultura galega comprende a gastronomía (un caldo, un cocido e unhas boas nécoras e percebes da ría cun bo albariño e un ribeiro), as festas, o deporte e mesmo cancións típicas como mostra dunha sutil sensibilidade presididas polo grito tribal galego ?lalaralalaralaa?.
Debemos estar orgullosos de ser galegos, de vivir no espazo que antes ocupaban os poderosos celtas e de cantar coa voz alzada o himno Os Pinos, obra de Eduardo Pondal e musicado por Pascual Veiga.
Pero sobre todo debemos contribuír á nosa tradición e facer que o idioma galego perdure no tempo. Como podemos levar a cabo o noso propósito?
A lectura de libros galegos é unha boa opción, e máis tendo en conta que estamos tan preto do 17 de maio, Día das Letras Galegas.
O Día das Letras Galegas é unha celebración instituída pola Real Academia Galega en 1963 para homenaxear a aquelas persoas que destacasen pola súa creación literaria ou pola defensa da nosa lingua. Cada ano dedícase a unha personalidade diferente.
Comezando en 1963 coa insigne poetisa galega Rosalía de Castro considerada como un persoeiro indispensable no panorama literario do século XIX xunto cos seus compañeiros de oficio Curros Enríquez e Pondal, responsables todas estas figuras, do Rexurdimento Galego, chegamos ao 2013 e a lista continúa como testemuña da gran riqueza na escrita en lingua galega.
Este ano será homenaxeado o polifacético escritor,director e actor de teatro galego Roberto Vidal Bolaño, autor entre outras obras das Actas Escuras que aborda o tema de que os restos encontrados na capital compostelá poden non corresponder ao Apóstolo Santiago.
Pero esta é só unha das innumerables obras do autor compostelán podendo mencionar moitas outras entre as que destacan Laudamuco, Señor de Ningures (1976),Bailadela da morte ditosa (1980),Agasallo de Sombras (1992),Días sen Gloria (1992),Saxo Tenor (1993) Rastros (1998) e O Día que os Chífanos Deixaron de Zoar.
Quédanos dar as grazas a todos os escritores e escritoras galegas que loitaron porque hoxe teñamos unha lingua de prestixio, agradecer a uns rianxeiros que viviron non hai moito tempo ao lado da nosa porta (Castelao, Rafael Dieste e Manuel Antonio) e a outros de un pouquiño máis lonxe como Ramón Cabanillas, Otero Pedrayo, Álvaro Cunqueiro, Eduardo Blanco Amor, Manuel Murguía,María Mariño, Uxío Novoneyra, Valentín Paz Andrade? mais iso non me parece suficiente.
Por iso propoño a todos e todas, mozos/as, nenos /as, adultos/as que non se limiten a observar. Observar, soamente é o primeiro paso antes de actuar. Galegos e galegas, rianxeiros e rianxeiras deben ler, seguirfalanndo e intentar escribir, redactar historias e se é posible contos,facendo que a nosa lingua nunca desapareza da escrita. Nós somos os responsables, capaces de evitar que a nosa lingua non entre máis na escuridade, nós debemos loitar pola súa inmortalidade.

Cristina Cambeses Franco
1º BAC A Nº4
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 08-05-2013 10:28
# Ligazón permanente a este artigo
Por sempre
Sentimos esta pequena parada dos capítulos, o equipo de normalización estivo moi ocupado co intercambio a Cuntis e non tivemos tempo de escribir máis historias, pero pronto voltaremos

As autoras de "Por sempre"
Aida Barros 1ºA
Aitana Alcalde 1ºA
e ti que opinas? (0) - Categoría: Relatos - Publicado o 06-05-2013 10:15
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0