ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

Actividades no concello de Rianxo esta fin de semana
Estas son algunhas actividades nas que poderedes participar durante esta ponte de maio no concello:

Xoves 1 de maio

A partir das 11.30 h - DÍA DA XENTE DO MAR

HOMENAXE OS RIANXEIROS FALECIDOS NO MAR: 11.30, Parque Galicia, Ofrenda floral e 12.00, Capela de San Bartolomeu, Misa de Campaña e Ofrenda marítima

FESTIVAL DE MÚSICA FOLC E BAILE TRADICIONAL: 18.30 Río de Anxo, 19.30 Aleivosía da ASC Fogo Fatuo e as 20.30 h Os Perucos na Praza Rafael Dieste

Organiza: Concello de Rianxo

A partir das 16.00 h - Souto (Isorna)

FESTA FIN DE CICLO INVERNO-PRIMAVERA CONCERTOS POLAS PARROQUIAS

A festa comezará as 16.00 h con inchables, xogos, obradoiros.... Ás 18.00 un concerto a cargo de diferentes agrupación: Grupo de Adultos de Linguaxe Musical, o Conxunto Instrumental e a Banda Xuvenil para rematar ás 19.30 cunha Festa Fin de Ciclo.
Organiza a Escola de Música de Rianxo coa colaboración do Concello de Rianxo.

Venres 2 de maio

20.30 h - Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo

PRESENTACIÓN DO POEMARIO FARRAPOS BONECA de Rochi Novoa, coa participación da autora, dos profesores Xosé Costa Rodil e Xosé Brea Rei e de Adolfo Muíños (alcalde de Rianxo)

Sábado 3 de maio

20.30 h - Auditorio de Rianxo

CONCERTO: XI ANIVERSARIO DA BANDA DA ESCOLA DE MÚSICA DE RIANXO

Retirada de convites unha hora antes do comezo do concerto. Organizado pola Escola de Música de Rianxo, dentro da programación conmemorativa do seu XI Aniversario.


Domingo 4 de maio

19.00 h - Auditorio de Rianxo

PRESENTACIÓN DO DISCO: ONCE BADALADAS do grupo ALVARIZA

Entradas 1 ? (venta anticipada en Manualidades Acuarela), unha hora antes do comezo do concerto. Sorteo de 2 cds entre as entradas. Organiza: Asociación Sociocultural Fogo Fatuo. Colabora: Concello de Rianxo

Ademais podedes visitar no Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo as exposicións Os paraugas da paz do CRA de Rianxo e Picasso visto por Catelo na que se recollen tallas de Vicente Iglesias Sobradelo

Se precisades máis información podedes consultar a páxina web do concello.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 30-04-2014 16:35
# Ligazón permanente a este artigo
CARAPAUS
. De onde son?
Os seus compoñentes son de Redondela, Rianxo, A Baña, Laraño (Santiago de Compostela) e Cacheiras (Teo).

. Cando naceu o grupo?
No ano 2012.

. Compoñentes
Oli Xiráldez
Sabela Galbán
Emilio Lois
Gustavo Couto
Adrián Lareo

Qué tipo de música fan?
Música tradicional galega

. Discografía
- Conservas de música galega (2012)

Ver video: PEZINHO DA VILA
e ti que opinas? (0) - Categoría: Músicas galegas - Publicado o 30-04-2014 13:33
# Ligazón permanente a este artigo
Liga Cadete de Tenis Rianxo
Igual que a pasada tempada, o Clube de Tenis de Rianxo, organizará unha liga de cadetes para que a xente de idades de entre 14 e 16 anos se animen a participar e deste xeito a ter unha primeira toma de contacto coa raqueta e se animen así mesmo a entrar no CTR. A parte, o obxectivo secundario deste ano, tamén sería intentar expandir a liga e intentar chegar a canta máis xente posible e aumentar o número de participantes do 2013 que contou unicamente con seis persoas. De momento son cinco rapaces os que están apuntados pero o prazo de inscripción aínda estará aberto ata o día 7 de maio.
Tamén habería que comentar que esta liga non é só para xente de Rianxo, senón que se pode apuntar xente de toda a Barbanza.
O formato de competición é moi sinxelo: Cada victoria son 2 puntos, ao final da tempada os tres que máis puntuación teñan recibirán un galardón.
O pabellón onde se xogará a liga, será o colexio de Asados.
Quen se queira apuntar terá que mandar un correo a clubtenisrianxo@gmail.com no que deberá especificar; nome, apelidos e número de teléfono. A parte, como no ano pasado, ao acabaren todas as competicións, organizaráse un evento para a entrega de trofeos.
Animádevos que confiamos vervos por alí.

Abel Troáns. 4ºA
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 30-04-2014 12:20
# Ligazón permanente a este artigo
LUAR NA LUBRE
?De onde son?
A Coruña

?Cando naceron?
En 1986

?Compoñentes.
PAULA REY (voz solista)
XULIO VARELA (Bouzouki, voz e percusións)
BIEITO ROMERO (Gaitas, acordeón e zanfoña)
EDUARDO COMA (Violín)
PATXI BERMÚDEZ (Bodhran, tambor e djimbek)
PEDRO VALERO (Guitarra acústica)
XAVIER FERREIRO (Percusións latinas e efectos)
XAN CERQUEIRO (Flautas)

?Que tipo de música fan?
Folk

?Discografía
- Sons da lubre nas noites de luar (2012)
- Mar Maior (2012)
- Solsticio (2010).
- Ao Vivo! (2009)
- Camiños da fin da terra (2007)
- Saudade (2005)
- Hai un Paraiso (2004)
- Espiral (2002)
- XV Aniversario (2001)
- Cabo do Mundo (1999):
- Plenilunio (1997)
- Ara Solis (1993)
- Beira Atlántica (1990)
- O Son do Ar (1988)


?Espazo web:

http://www.luarnalubre.com/
VER VIDEO: Chove en Santiago
e ti que opinas? (0) - Categoría: Músicas galegas - Publicado o 30-04-2014 11:47
# Ligazón permanente a este artigo
SÉS
. Cando comezou?
En 2010

. Que tipo de música fai?
Temas de cantautora vestidos de jazz, rock, blues, e outras músicas de América do Sur

. De onde é?
De A Coruña

. Compoñentes:
María Xosé Silvar, ?Sés? (vocalista)
Tito Calviño (guitarrista)
Fran Sanz (baixo)
Marcos Pazo (batería)

. Discografía:
- Admirando a condición (2011)
- Co xenio destrozado (2013)

. Espazo web:
http://www.mariaxosesilvar.com/

Ver video: Boto en falta unha ilusión
Ver video: Co xenio destrozado
e ti que opinas? (0) - Categoría: Músicas galegas - Publicado o 30-04-2014 11:06
# Ligazón permanente a este artigo
Con estes versos de Manuel Antonio:

Debaixo dos meus pasos/ xurde o ronsel d´a Vila natal./ Ela c´os brazos cheos de sono/ teima salvarme d´un naufraxio antigo.

E esta introdución:
Dende hai séculos os cemiterios de Galicia son un referente, unha grande enciclopedia para os moitos errantes en diferentes ámbitos; estas vilas do silencio e profunda reflexión son unha fontela histórica, fecunda e inesgotable.

Comeza o profesor do noso centro e escritor, José Manuel Lobato, un interesante artigo titulado "Lápidas murmuradoras"

E remata o artigo co epitafio do poeta rianxeiro
A choiva entrou na noite/ fechou por dentro a porta/ e púxose a escribir o seu poema.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 30-04-2014 10:49
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Carlos Negro
Entrevistamos a Carlos Negro, que acaba de publicar Penúltimas tendencias. Isto foi o que nos dixo:



Cristina Cambeses e María López (2º Bac.)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 29-04-2014 17:36
# Ligazón permanente a este artigo
A RODA
?De onde son?
De Vigo, Pontevedra.

?Cando naceron?
No 1976.

?Compoñentes.
A Roda naceu dun grupo de amigos que se xuntaban a cantar arredor dunha mesa redonda na taberna, de aí o nome. Fito, Bernardo Xosé, Alfredo, Xan, Manuel, David e Fernando. A morte do fundador e vocalista, Fito, en 2012 deixou un oco importante no grupo, que se volve xuntar para unha xira-homenaxe a Fito con novos compoñentes.

?Que tipo de música fan?
Folk, música tradicional galega

?Cal é a súa discografía?
- A Roda (1977)
- Falemos Galego, (1979)
- Pra os Amigos, (1980)
- Os mariñeiros, (1990)
- Eu teño un compadre, (1992)
- A Roda Rodando, (1993)
- Lembranzas, (1994)
- Os Quintos, (1995)
- Na Branca Noite, (1996)
- Galicia terra única, (1997)
- Onde Galicia é Portugal, (1998)
- R. C. Celta - A Roda, (1999)
- Aí o vén, (1999)
- O son do camiño, (2004)
- A Roda alalá adora, (2006)

VER VIDEO: "MIUDIÑO"
e ti que opinas? (0) - Categoría: Músicas galegas - Publicado o 29-04-2014 12:04
# Ligazón permanente a este artigo
HEREDEIROS DA CRUS
?DE ONDE SON:
Ribeira (A Coruña)

?CANDO NACERON
1992

?TIPO DE MÚSICA QUE FAN
Rock

?COMPOÑENTES
Antón Axeitos (Tonhito de Poi), sachadora rítmica
Antonio Novo (Tuchiño), guitarra solista
Francisco Velo (O Jran Fran), baixo
Javier Vazquez Maneiro (Javieriño), voz.

?DISCOGRAFÍA
- A Cuadrilla de Pepa a Loba (1994)
- Está que te cajas (1996)
- Criatura (1997)
- Des minutos (1998)
- Erecsiones Munisipales (1999)
- All Right Chicago (doble directo) (2000)
- Chicarrón (2004)
- ¡¡¡Está Que Te Cajas!!! (2005)
- 20 Aniversario (1992-2012) DVD (2012)
- Jard Rock Con Fe (2013)
VER VIDEO: "DE JALISIA Ó ESTRANXEIRO"
e ti que opinas? (0) - Categoría: Músicas galegas - Publicado o 29-04-2014 11:34
# Ligazón permanente a este artigo
ASTAROT
?De onde son?
De Cangas do Morrazo (Pontevedra)

?Cando naceu o grupo?
Astarot fórmase en 1983

?Compoñentes:
Carlos Gandón (Guitarra e Voz)
Carlos Rodal (Baixo)
Tony (Teclados e Voz)
Loren (Guitarra)
Juan (Voz Principal)
Jose (Batería)

A finais do 2012 o mítico vocalista ?Wes? abandona a formación, sendo sustituído polo novo e actual vocalista ?Juan?.

?Que tipo de música fan?
Rock

?Discografía
- Séptimo pecado (2013)
- Longa noite de pedra (2005)
- O sentir dunha terra (2000)
- ASTAROT- The Refrescos (1999)
- Apuesta y gana (1998)
- Donde se hospeda el pasado (1990)

VER VIDEO: "UN ANDAR MIUDIÑO"
e ti que opinas? (0) - Categoría: Músicas galegas - Publicado o 23-04-2014 13:43
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0