ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

Tosar, Reixa, Martiño Rivas, Castro... Polo ?orgullo de falar galego?


A Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística iniciou, o pasado 25 de febreiro, unha campaña orientada a ?sacar peito? co noso idioma.

Os mestres contarán co apoio de galegos importantes do mundo do cine, da música e do xornalismo, entre os que se atopan Luis Tosar, María Castro, Martiño Rivas, ?

Repartiranse unhas montaxes de video, entre os centros educativos e a poboación, nas que os protagonistas tamén son nenos, mestres e pais. Nestas montaxes a música correrá a cargo da gaiteira Susana Seivane.

Con esta campaña de montaxes de video, os Equipos de Normalización, pretenden que os galegos nos sintamos orgullosos do que temos, para así facer fronte ás propostas do novo decreto por parte da Xunta. Con isto tamén se rexeita a idea de que o galego limita o castelán.

Tamara Iglesias Carou 2ºA

e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 03-03-2010 10:24
# Ligazón permanente a este artigo
Educación suprime a obrigación de facer un exercicio en galego nas oposicións
A partir de agora, as oposición de primaria e secundaria comezarán a partir do 24 de xuño pero non é necesario saber galego para traballar aquí e para, supostamente, dar clases en galego.
Este ano, no proceso selectivo ofértanse 967 prazas, das cales 600 son do corpo de mestres. Séguese mantendo a posibilidade de que os profesores que acumulen polo menos seis meses de experiencia poidan substituir unha parte do exercicio por un informe, os cales deben entregar previamente. Isto manterase ata o vindeiro curso.

Dentro de todo isto hai algo que non se mantén é a obrigación de realizar unha das partes da oposición en galego nas probas de secundaria.


María Hernández Noya 2º BACH A


e ti que opinas? (1) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 03-03-2010 09:40
# Ligazón permanente a este artigo
É unha honra

Pero ti porque falas castelán?

Hombre es que es más importante. A cuantos actores famosos has visto hablando gallego? A Galloso y a Superpiñeiro.

Este é un dos típicos prexuízos que se teñen en contra do galego. Como solución para este problema iniciouse una campaña creada por actores autóctonos e de "moda" (Luís Tosar, María Castro, Martiño Rivas, Susana Seivane e Antón Reixa entre outros). Quen pode dicir agora que os actores famosos non son galegos? E ben orgullosos que están diso!

A iniciativa foi apoiada por varios sectores reinvindicando así a forza da normalización. Porque cando una proposta é boa só falta saber a que hora e con que roupa?.nin un detalle máis é preciso. Esta iniciativa axuda ó noso labor dun xeito moi impactante.

En definitiva, famosos e non famosos, sentídevos galegos (en sentido non pexorativo) porque é unha honra.

J.Daniels
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 02-03-2010 10:14
# Ligazón permanente a este artigo
ORGULLOSOS DO GALEGO
Na súa última iniciativa para promover o galego,"Orgullos@s do noso, orgullos@s do galego" a Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística contou co apoio de personaxes do mundo do cine como: Isabel Risco ou Carlos Ares, entre outros; do xornalismo - Belén Regueira- e da música- Susana Seivane.
Estes demostran o orgullo que temos os galegos pola nosa lingua e o contentos que estamos por termos un idioma propio.
Eu penso que España non é unha nación senón que é un Estado formado por varias nacións que merecen e deben ser respetadas de igual forma. O castelán non pode ser ditadura. Cada unha destas nacións ten a obrigación de manter o seu idioma e o dereito de coñecer outros.
En conclusión, só teño que felicitar as persoas que protagonizan este anuncio e parabéns á Coordinadora por esta acertada iniciativa.

e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 01-03-2010 16:15
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0