ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

Bacallau no forno á Portuguesa

Ingredientes:
? 4 bos anacos de bacallau, preferentemente do lombo, cada un de 200g.
. 1.2 kg de patacas
? 2 cebolas peladas
? 3 dentes de allo pelados
? 1 pemento
? 600 gr. de tomate maduro
? 1 folla de loureiro
? 1.5 dl de viño branco
? 2 dl de aceite
? Sal, pementa e colorante
? 2 ramas de perexil

Elaboración:
Corte as cebolas en rodas finas, os allos en láminas e o pemento en rodas, retirándolles as sementes. Lave o tomate, retírelles a raíz e córteos en planas. Limpe as patacas, córteas en tiras e alíñeas con sal, pementa e un pouco de colorante. Poña, no fondo da bandexa, metade das cebolas, dos allos , do pemento,do tomate, do loureiro e unha rama de perexil. Logo na capa seguinte, poña no centro o bacallau xa desalgado e por enriba as patacas.
Por enriba, engada os restantes ingredientes, regue con viño e despois co aceite. Leve a bandexa ó forno a 170º. De vez en cando, déalle a volta as patacas e régueas coa propia salsa. Estará asado en cerca de 50min.
Sírvao na propia bandexa.

Adriana e Isabel
e ti que opinas? (1) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 10-03-2010 13:04
# Ligazón permanente a este artigo
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 10-03-2010 12:53
# Ligazón permanente a este artigo
Pataniscas de bacalhau
e ti que opinas? (0) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 10-03-2010 10:59
# Ligazón permanente a este artigo
Flan caseiro


Ingredientes:

- 6 ovos
- medio litro de leite
- 6 culleradas de azucre


Preparación:

Bates os seis ovos,despois botas o leite e mailo azucre.Mételo no forno a 180º a 45 minutos.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 09-03-2010 12:26
# Ligazón permanente a este artigo
Ensalada de leituga con laranxa, fabas e queixo
Déixovos unha receita saudable para os que queirades coidarvos, facer dieta...

-Tempo de elaboración: 15 min

Para dúas racións:
-Ingredientes:
1 leituga cortada en xuliana.
200gr de rabanetes.
200 gr. de fabas cocidas.
1 laranxa en cachos.
1 cebola picada.
50 gr. de queixo.
50 ml de vinagreta de laranxa.

-Preparación:
Xunte todos os ingredientes nunha ensaladeira. Remexa e mesture ben coa vinagreta.
Para facer a vinagreta de laranxa: xunte 1/3 de vinagre de sidra para a cantidade de aceite que se quere utilizar e mestúreo ata que estea homoxéneo.Engada dúas culleres de zume de laranxa,un pouco de sal e pementa e volva a remexer.

-Información nutricional:
242 calorías,5 gr. de graxa, 8 mg de colesterol, 38 gr. de hidratos de carbono.

Clara Suárez 1º Bach
e ti que opinas? (0) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 09-03-2010 11:45
# Ligazón permanente a este artigo
Mousse de chocolate (dieta)
Fanse 8 anacos de 111 calorías cada un

Ingredientes
2 follas de xelatina sen sabor (incolora)
200ml de auga quente
4 culleres sopeiras de chocolate dietético en po
200ml de leite desnatado
3 culleres sopeiras leite en po desnatado
1 culler sopeira de edulcorante
4 claras a punto de neve
30g chocolate dietético en barra para decorar
Caldas de chocolate:
100g chocolate dietético en barra
150ml leite desnatado

Preparación
Disolve a xelatina en auga quente e deixa arrefriar.
Bate o chocolate en po, o leite, o leite en po, o edulcorante e a xelatina, coa batidora.
Pasa todo para unha tixola e mestura as claras a punto de neve, a modo e removendo e sen bater.
Bota a mestura nun recipiente untado con auga e lévao ao frigorífico para que se endureza.
Para a calda: pon o chocolate e o leite no lume ata formar unha calda.
Desmolda a mousse nun prato, decorado con raspas de chocolate e serve a calda fría.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 09-03-2010 11:38
# Ligazón permanente a este artigo
Ensalada de salmón afumado con herbas.

Ingredientes:

- Unha leituga cortada en Xuliana ( en tiras)
- 400 gramos de rúcula (planta crucífera da que se usan os talos e follas para facer en ensaladas.
- 4 vieiras cortadas en rebandas.
- 100 gramos de crema fresca.
- 70 gramos de herbas finas picadas (cebola, allo?)
- Pementa moída.
- sal

Preparación:

- Coloque a leituga e a rúcula nunha tixola grande. Á parte, mesture a crema fresca coas herbas finas picadas, bótelle a sal e a pementa ao seu gusto e bote o preparado na tixola. Logo, mesture ata que este ben mesturado e coloque a ensalada en catro pratos. Por encima, poña rebandas de salmón afumado e adorne coas vieiras.



e ti que opinas? (0) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 09-03-2010 10:08
# Ligazón permanente a este artigo
Bacallau ó Marqués
Bacallau ó MarquésVou deixarvos unha receita portuguesa típica da cidade do Pombal

Ingredientes:
_un anaco de bacallau
_catro patacas
_unha cebola
_ovo q.b
_aceite q.b.
_pementa q.b.
_viño branco q.b.
Preparación:
Fritir o anaco de bacallau pasado polo ovo e pan rallado logo frite cebola en rodadas con pementa, o loureiro, o aceite e o viño branco. Pon nunha tarteira de barro o bacallau, a cebola e para acabar as patacas redondas.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 09-03-2010 10:08
# Ligazón permanente a este artigo
Migas Ripadas
Vouvos deixar un prato típico do noso veciño Portugal, concretamente da zona de Tras os Montes e Alto Douro: As migas Ripadas.

Ingredientes:
? 500g de pan.
? 2dl aceite.
? 4 dentes de allo.
? 4 ovo.
Córtase o pan en cachos grosos, distribuÍdos por 4 tixolas.
Lévase ao lume 1,5l de auga con dous dentes de allo, metade da porcion do aceite e sal e déixase ferver. Deitase sobre os cachos de pan, que se tapan e se conservan próximo do calor.
Entretanto, estrélanse os ovos no aceite restante.
Colócase un ovo en cada tixola, e no aceite que serviu para estrelar os ovos frítense os dous dentes de allo que quedaron.
Retíranse os allos e déitase este aceite a ferver sobre os ovos.
Sérvese ben quente.

Jésica González (4º ESO B)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 08-03-2010 12:07
# Ligazón permanente a este artigo
Premio Fernández del Riego de Xornalismo a un artigo sobre a lingua
Caixanova vén de revelar o gañador do VII premio Francisco Fernández Del Riego. O agraciado foi Alberto Pena Rodríguez, co artigo en galego ?Cousas da lingua?, o cal foi publicado no Diario de Pontevedra o 29 de decembro de 2009, dotando así ao autor cunha cantidade de doce mil euros.
O xurado estivo integrado polo director de Caixanova, Xulio Fernández Gayoso; polo escritor Alfredo Conde, que presidiu o tribunal, e mais por Víctor Fernández Freixanes, Manuel Fernández Areal e Carlos Valle Pérez.
Así mesmo, este tribunal tamén revelou o artigo en castelán gañador do XXXI premio Xulio Camba, pertencente a Ángela Vallvey Arévalo. Dito artigo, titulado ?La Soledad?, foi publicado en La Razón o 26 de novembro de 2009.
A entrega destes premios de xornalismo tivo lugar nun acto realizado en Pontevedra.

Investigade e procurade o texto premiado e achegádenos a vosa opinión sobre o mesmo.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 05-03-2010 10:35
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3]
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0