ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

Sés en Rianxo
Este sábado 15 de febreiro vén Sés, unha cantante galega da Coruña. Actuará no Auditorio de Rianxo ás nove da noite, pero as portas abriranse ás oito e media. Para conseguir a túa entrada, debes comprala nos bares Gallaecia e Castelao, na Praza de Castelao (no Campo), por 10 euros.
María Xosé Silvar, coñecida como Sés, canta en galego rock, blues, milongas, e moitos estilos máis.
Ten publicados dous discos, ?Admirando a Condición? e ?Co Xenio Destrozado? e fixo varios concertos por toda Galiza. É moi probable que sexa unhas das mellores artistas galegas da actualidade.
Asistide ao concerto!
e ti que opinas? (1) - Categoría: Cousas - Publicado o 12-02-2014 10:22
# Ligazón permanente a este artigo
O ENTROIDO
Son de Padrón, da aldea de Luáns e vouvos contar como se celebra alí o entroido. Durante os días do entroido todos os rapaces da aldea nos reunímos para ir pedir por todas as casas, sen contar,iso si, nas que morreu lles algún familiar habendo menos dun ano. Imos disfrazados e a xente adoita darnos cartos. Ao acabar de percorrer as casas da aldea imos pedir por outras aldeas dos arredores como por exemplo O Couto e A Matanza. Ao anoitecer imos todos á casa de meu tío David para repartir os cartos e comer as orellas e filloas que fai miña avoa ao longo da tarde, sen parar. E despois eu mais a miña mellor amiga imos acompañar aos outros rapaces e rapazas ás súas casas.

Arantxa Rodríguez (1º E.S.O. c)
e ti que opinas? (1) - Categoría: Cousas - Publicado o 06-02-2014 10:27
# Ligazón permanente a este artigo
Escola deportiva de Piragüismo de Rianxo
Retómanse as clases do Club de Piragüismo de Rianxo. O comezo das actividades foi o pasado mes de xaneiro e a idade mínima para comezar a adestrar son os oito anos. Existen as categorías de alevín, infantil, cadete, junior, senior e veterano. A inscrición (que inclúe seguro individual) é de 30? ao ano para as categorias base (alevín, infantil, cadete e junior) e de 50? ao ano para senior e veteranos. Pódese empezar nas modalidades de canoa, kaiak e kaiak de mar.
Se estás interesado/a podes contactar con Tino nas tardes dos martes e xoves de 17 a 20 da tarde nas instalacións do Club de Piragüismo Rianxo.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 05-02-2014 10:23
# Ligazón permanente a este artigo
ORELLAS DE ENTROIDO
ORELLAS DO ENTROIDO

-RECEITA DE ORELLAS


-INGREDIENTES
-500 gr. de fariña de trigo
- Tres ovos
-50gr. de margarina ou manteiga.
-50ml. de anís
-Un sobre de lévedo
-Reladuras de limón
-Aceite de xirasol
-Azucre

MODO DE PREPARALAS

1º-Lavamos moi ben o limón e relámolo.
Reservámolo nun prato.

2º- Nun recipiente fondo botamos a fariña, o lévedo, a manteiga, os ovos, o anís e as reladuras do limón.
Amasamos todo xunto coas mans ata que quede unha masa que non se nos pegue ós dedos. Deixamos repousar unha media hora.

3º- Na mesa de traballo ben limpa e no rolo de cociña espallamos fariña. Logo collemos a masa e partímola en dúas (para que sexa máis fácil traballar). Collemos un dos
anacos e co rolo estiramos ata que quede unha masa moi
fina.
4º- Cortamos a masa e se queremos dámoslle a forma de orellas. Reservamos. Preparamos o outro anaco de masa.

5º-Nunha tixola con bastante aceite imos fritindo as orellas. Coa axuda dun garfo dámoslle a volta. Cando estean douradas polos dous lados sacámolas e colocámolas nun prato con papel absorbente. A continuación esparexemos as orellas con azucre ó gusto.
Bo proveito

TOFIK SANTIAGO GARRIDO (1ºC)
e ti que opinas? (1) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 04-02-2014 13:57
# Ligazón permanente a este artigo
O vídeo da Paz Lingüística
Este é o vídeo que fixemos no ENDL despois de reflexionarmos sobre a cuestión e tras deseñar a pomba da paz que vedes no artigo anterior. Esperemos que vos guste:

e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 02-02-2014 12:28
# Ligazón permanente a este artigo
A nosa pomba da Paz LIngüística



e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 02-02-2014 12:24
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0