ENDL do IES Félix Muriel |
|
Equipo de Normalización da Lingua Galega |
|

|
Perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Para repañar o prato |
|
SOGAMA vén de presentar un libro de receitas titulado: Para repañar o prato baseado en sobras de comidas, para así contribuír á reciclaxe e á reducción de lixo.
As receitas elaboráronas os alumnos e alumnas da Escola de Hostalaría ?Fundación Belarmino Fernández Iglesias? de Sober, na provincia de Lugo
Copiamos aquí a presentación que trae o libro para que entendades ben o seu contido. A partir de hoxe imos ir presentando neste blog e nesta sección que temos de "Da xouba á sardiña" as receitas, xa que nos pediron difusión...
Esperemos que vos guste
PRESENTACIÓN DO VOLUME
Cada galego xera ao día 1,2 quilos de lixo e case a metade correspóndese con residuos
orgánicos procedentes de restos de comida ou de produtos estragados que facilmente poderían
formar parte de saborosos pratos.
Con ?Para repañar o prato!?tratamos de amosar de maneira sinxela e moi
gráfica como podemos xerar menos lixo, ao mesmo tempo que cociñamos exquisitas receitas e
aforramos na cesta da compra. En total, son máis de 40 as suxestións
entre entrantes, peixes, carnes e sobremesasde fácil
preparación e para todos os gustos deseñadas para esta publicación polos profesionais da Escola
de Hostalaría Belarmino Fernández Iglesias de Sober, na provincia de Lugo.
Incluímos tamén trucos e consellos tanto de cociña como de conservación de
alimentos que, sen dúbida, axudarán a reducir a cantidade de comida que moitas veces remata
no caldeiro do lixo. Así mesmo, ao final do receitario facémonos eco dunha batería de
ideas para facer unha compra responsable.
Desde a Sociedade Galega do Medio Ambiente animámoste a que collas o mandil e cociñes
e probes algunha destas receitas, así como a que poñas en práctica os trucos e consellos que
che trasladamos nestas páxinas. Asegurámosche que vas repañar o prato, ao
mesmo tempo que coidas o medio ambiente e aforras cartos. |
|
|
|
|
|
CONCURSO DE CARTAS DE AMOR 2011
QUEN PODE PARTICIPAR?
- Todo o alumnado do IES Félix Muriel
- O profesorado (profes, animádevos!)
- O persoal de servizos
TEMA
Os participantes deberán escribir unha carta de amor, en prosa ou en verso.
Este amor pode ser verdadeiro ou non. Tamén pode ser amor platónico, namoramento, paixón, desamor, celos.
A carta pode estar dirixida a unha persoa do IES Félix Muriel (gústache ese rapaz tan guapo de 2º de Bacharelato, tes un amor secreto en 3ºESO, mólache o conserxe, un profe ou a secretaria?) ou a calquera outro destinatario (a Shakira, a Beyoncé, a Rafa Nadal, a Obama, a Castelao...).
O estilo e contido da carta quedan á elección do/da concursante: poden ser doces e románticas, pero tamén cómicas, irónicas ou satíricas. Tan só deberán excluírse as expresións de mal gusto e os insultos.
LINGUA E EXTENSIÓN
As cartas deberán estar escritas en galego.
A extensión da carta é libre (prégase non superen as 4000 páxinas).
PRAZO E LUGAR DE PRESENTACIÓN
Os sobres botaranse á caixa para a recollida de cartas de amor que se colocará na zona de conserxería. O prazo límite de entrega será ata o XOVES 10 DE FEBREIRO.
PRESENTACIÓN
- As cartas asinaranse cun pseudónimo (non co verdadeiro nome!).
- Entregaranse nun sobre pechado. Na parte de fóra do sobre farase constar o pseudónimo do autor (por exemplo, Amante bandido).
- Dentro do sobre grande introducirase tamén outro sobre máis pequeno (plica), no que figurará, por fóra, o pseudónimo do concursante e dentro os datos auténticos do seu autor: nome, apelidos e grupo ao que pertence.
XURADO E FALLO DO CONCURSO
O xurado estará composto por profesores e por alumnos pertencentes ao Equipo de D.L.G.do IES Félix Muriel.
PREMIOS
- 1º premio: un lote romántico que determinará o xurado.
- Un pequeno agasallo para todos os participantes.
QUERES QUE O TEU ?AMOR? RECIBA A CARTA?
- Se queres, entregarémoslle a carta ao seu destinatario.
- Para iso, indica dun xeito claro por fóra do sobre grande:
?Carta para entregar + nome e clase do destinatario?.
- A entrega de cartas de amor realizarase o LUNS 14 DE FEBREIRO, no 1º RECREO (no local de Normalización)
FALLO DO XURADO E ENTREGA DE PREMIOS
Participaches e queres recibir o teu agasallo?
Queres coñecer cal foi a carta gañadora do concurso?
Ven á entrega de premios o VENRES 18 DE FEBREIRO no 2º RECREO no local do EDLG.
(Para dúbidas con respecto ao concurso, pasa polo local do EDNL)
|
|
|
|
|
|
|
|
|