ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

Aí vai outro poema de amor.

No niño novo do vento
hai unha pomba dourada,
meu amigo!
Quén poidera namorala!

Canta ao luar e ao mencer
en frauta de verde olivo.
Quén poidera namorala,
meu amigo!

Ten áers de frol recente,
cousas de recén casada,
meu amigo!
Quén poidera namorala!

Tamén ten sombra de sombra
e andar primeiro de río.
Quén piodera namorala,
meu amigo!

Álvaro Cunqueiro Mora

(Tamén podedes procurar a versión músicada por Luís Emilio Batallán ou calquera outra)
enlace á canción no blog son de poetas
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 11-02-2010 10:59
# Ligazón permanente a este artigo
Outro poema de amor
Escollín este poema de Fiz Vergara Vilariño para o día de San Valentín.

Cando penses en min mañá cediño
e poñas rumbo cara á miña beira,
atoparasme morto de canseira,
tendido nunha orela do camiño.

Cando veñas da-lo novo viño
en xerra de cristal ou vinaxeira,
acharasme entre o millo desta leira,
agardando en axexo o teu cariño.

Cando chegues (se chegas logo),
atoparasme neste rechuvazo,
rañando as chagas nun contino rogo.

Pero hame dar forteza o teu abrazo
para acender no lar un baril fogo
e loitar xunto a ti brazo con brazo.


Adrián Sobradelo Suárez 3ºE
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 10-02-2010 10:19
# Ligazón permanente a este artigo
Poemas de amor
Escollín este poema de amor de Marica Campo:

Baixei ao teu amor e foi un pozo:
escuridade moita e máis misterio,
alube de terror e cativerio,
pero eu vinte de luz e tiven gozo.

Todo estaba de estrea, todo mozo,
non sabía da dor nin do cauterio,
oía só o son do teu salterio
e brincábame o sangue co alborozo.

¡Canta lúa afogada na soidade
do teu rostro negado de cotío!
Nunca souben quén eras de verdade.

¡Canta noite perdida, canto frío,
coidando ser feliz nesa cidade
que fundaches por min no desvarío!


Opinade sobre el.

Alejandra, 2º ESO, Rianxo
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 09-02-2010 12:28
# Ligazón permanente a este artigo
MORAIMA (poema amoroso de Celso Emilio)

Cando quero vivir
digo Moraima.
Digo Moraima
cando semento a espranza.
Digo Moraima
e ponse azul a alba.
Cando quero soñar
digo Moraima.
Digo Moraima
cando é noite pechada.
Digo Moraima
e ponse a luz en marcha.
Cando quero chorar
digo Moraima.
Digo Moraima
cando a anguria me abafa.
Digo Moraima
e ponse a mar en calma.
Cando quero surrir
digo Moraima.
Digo Moraima
cando a mañá é crara.
Digo Moraima
e ponse a tarde mansa.
Cando quero morrer
non digo nada.
E mátame o silencio
de non dicir Moraima.
e ti que opinas? (1) - Categoría: Cousas - Publicado o 09-02-2010 12:07
# Ligazón permanente a este artigo
Textos literarios por San Valentín
Durante esta semana imos estar subindo poemas e outros textos literarios de temática amorosa debido á celebración de San Valentín.

Esperemos que vos gusten e os comentedes. E porque non, se tedes algunha suxestión vos poñades en contacto connosco para subilos.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 08-02-2010 10:26
# Ligazón permanente a este artigo
SAN VALENTÍN 2010
Un ano máis o EDNL organiza o Concurso de Cartas de Amor destinado ao alumnado, profesorado e persoal de servizos do IES Félix Muriel.
Os participantes deben escribir unha carta de amor en prosa ou en verso. Tamén haberá un servizo de entrega para aquelas cartas que teñan un destinatario concreto dentro de centro (ese rapaz ou rapaza que che gusta, ese profesor ou profesora, conserxes, secretarias...)
Por que non aproveitas a ocasión e te declaras a Obama, ou Beyoncé?
As cartas deben estar escritas en galego, poden ser de tipo cómico, irónico ou satírico.
O prazo de entraga remata o xoves 18 DE FEBREIRO. O luns 22 de FEBREIRO, no 1º RECREO, entregaránse as cartas de amor aos seus destinatarios e no mesmo día no 2º RECREO no local do EDNL farase a entrega dos premios.
As bases desta convocatoria, están expostas nos taboleiros informativos do instituto.
Animádevos! sempre está ben dicir QUÉROTE.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 05-02-2010 12:10
# Ligazón permanente a este artigo
Unha resposta ao Decreto


Como todos esperabamos, xa escomezou. A disconformidade dos galegos co novo decreto comeza a xurdir e visualizarse de maneira formal.
Porque as folgas si serven para algo, presentamos:

`A primeira moción en contra do Decreto´.

Esta produción está rodada no concello de Vilariño de Conso e está dirixida e creada polos membros do BNG da zona. Aprobada polo PSdeG e o que é máis importante (posto que é quen goberna na zona) polo PpdeG; ambos os dous partidos colaboran no filme.
O tema desta baséase no desacordo popular que sente o pobo en relación ao novo decreto.
O presuposto e os medios cos que os vecinos de Vilariño de Conso contan para levar a cabo o labor son escasos. Tan só habitan este concello 710 persoas, pero a intención é o que conta.
Un servidor, con gusto cinematográfico, afirma que esta produción vai dar moito que falar, e non sabemos a cantidade de adapatacións e versións que se escomezarán a rodar tendo esta como exemplo.

Esperamos que moitas.

J.Daniels

e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 05-02-2010 10:39
# Ligazón permanente a este artigo
Fomos á xornada dos premios de innovación
Sabedes que o noso ENDL recibiu un ano máis dun dos premios de innovación en normalización lingüística. Fomos o pasado sábado ao IES Fontiñas a unha xornada que nos ofreceron de formación, á que acudiu o Secretario xeral de política lingüística. Aos asistentes non nos gustou nada do que dixo... nótase que non coñece a realidade dos centros. Aquí queda unha mostra das intervencións dos asistentes que recollen o sentir da maioría dos ENDL de toda Galicia.

as aulas e o despacho from SonCine on Vimeo.

e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 03-02-2010 16:15
# Ligazón permanente a este artigo
Galicia Bilingüe pretende tumbar a Reboiras!
Galicia Bilingüe carga contra os relixiosos que critican o decreto.


A Federación de Centros Concertados Relixiosos de Galicia (FERE) non está a favor do decreto de ??plurilingüismo??, xa que o critican dicindo que deixa pouco espazo para o galego no ensino.
Para desacreditar a opinión deste importante sector, que se preocupa polo galego no ensino, a formación que lidera Gloria Lago, enviou un comunicado interno aos seus asociados, no que se manifesta que Martínez Reboiras (Secretario de FERE) ?xa tiña aparecido con anterioridade en medios e nas súas declaracións amosábase a favor das teses nacionalistas. Ademais é asinante de manifestos da Mesa Pola Normalización Lingüística onde se reclama un ensino só en galego?.

Esta xente de Galicia Bilingüe, que queren que desapareza o galego do ensino e por conseguinte de Galicia, empéñanse en tentar acusar de nacionalistas a todos os que defendemos o galego, e iso non é así. Eu non sei que ideoloxía ten o señor Reboiras, pero estou de acordo coa postura de FERE: o novo decreto non deixa espazo para o galego no sistema educativo


María Hernández Noya 2º Bach. A
e ti que opinas? (4) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 02-02-2010 12:27
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0