ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

Incúmprese a Carta Europea das linguas Minoritarias en Galiza
Hai 20 anos (1992) asínase a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias que lles pide aos diversos países asinantes que se comprometan a cumprir os artigos que esta contén e a desenvolver a riqueza que as culturas europeas transmiten, así como as súas tradicións e o recoñecemento das linguas rexionais como unha maneira de expresión desa riqueza cultural.
Uns días atrás o Comité de Expertos do Consello de Europa asegurou que a Xunta nin protexe, nin promociona suficientemente o galego. Entre estas diversas críticas atopábase a reducción do ensino na nosa lingua e a posta en marcha do decreto de plurilungüísmo. Segundo datos que A Mesa Pola Normalización aportou, tan só o 20% do ensino se desenvolve en galego (o non universitario), e aínda menos no caso dun 3% de centros de infantil que imparten nas aulas a lingua galega.
A loitar polas nosas cultura e tradicións! A loitar polo galego!

Marta Lorenzo 4ºA
e ti que opinas? (0) - Categoría: Ollada crítica - Publicado o 06-11-2012 21:43
# Ligazón permanente a este artigo
Flan de Iogur
Ingredientes:
- 2 iogures
- 2 ovos
- 2 culleradas sopeiras de azucre
- caramelo líquido

Elaboración:
1- Bater os ovos nun recipiente co iogur e o azucre
2- Sepárase a mestura en recipientes individuais verténdoo sobre un chisco de caramelo líquido.
3- Métense no forno a temperatura media para que colla consistencia de flan. Déixase enfriar...E listo para comer!


Marta Lorenzo 4ºA
e ti que opinas? (0) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 06-11-2012 20:59
# Ligazón permanente a este artigo
Videoconferencia para fomentar a ciencia en galego
Por terceiro ano consecutivo, desde a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL)organízase, co gallo do Día da Ciencia en Galego, unha videoconferencia para os centros de ensino non universitario.
O noso centro vai ser un deses case cen que se van conectar ás 12,30 da mañá para escoitar o que nos veñen dicir científicos galegos tan prestixiosos como:
Patricia Conde, física do experimento ATLAS do CERN que investiga no LIP de
Lisboa.
Olalla Castro (profesora no City University de Londres,) que investiga en Teoría Cuántica de Campos.
Abraham Gallas, investigador do CERN e físico do experimento LHCb do CERN en Xenebra.
Cibrán Santamarina, (profesor da USC), que traballa no experimento LHC do CERN.
E Carlos Salgado, (investigador do CERN e a USC) que investiga o estado da materia nos primeiros instantes do Universo e ao que tivemos a sorte de escoitar no noso centro hai tres anos.
Xuntarémonos na aula de informática núm. 2 do edificio central todo o alumnado de 1º e 2º de bacharelato que cursa física e xa vos faremos unha crónica na nosa revista dixital: www.bicodaria.org. Estade pendentes!
e ti que opinas? (0) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 06-11-2012 00:44
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0