ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

José Luiz Oubiña faise co premio Foto do Ano.

Unha imaxe tomada na Rapa das bestas de San Cibrán, en Catoira, valeulle a José Luiz Oubiña, redactor gráfico do Faro de Vigo o premio Foto do Ano que outorga o Club de Prensa de Ferrol. A imaxe fai parte da exposición Galicia en foco que organiza esta mesma entidade e que se pode ver desde onte e ata o vindeiro dez de novembro no Centro Cultural Torrente Ballester da Cidade Departamental. A seguir, a exposición fará parte do Outono Fotográfico de Ourense e continuará a súa itinerancia por diferentes localidades galegas.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 02-11-2008 21:32
# Ligazón permanente a este artigo
Cineuropa crea a sección Panorama Galiza na que exhibirá filmes Galegos.
O Festival de Cine de Santiago de Compostela bota a andar o vindeiro luns coa proxección da producción galega A noite que deixou de chover, que contará coa presenza de Luís Tosar. Un feito que indica unha das principais novidades de Cineuropa para este ano, a creación da sección Panorama Galiza para dar cabida ás producións feitas no país(Galiza). Flores Tristes (Manuel Abad, 2008) Manuel e Elisa , (Manuel Fernández Valdés, 2007), o documental Eloxio da distancia (Felipe Vega, 2008) e a longametraxe Cartas Italianas (Mario Iglesias, 2007) son os títulos que compoñen esta nova sección.

Ademais, Cineuropa incorpora nesta edición unha novidade, que é convidar os de varios filmes para que conversen co público despois do visionado das películas. Alén das figuras premiadas cos Premios Cineuropa estarán os portugueses Tiago Guedes e Federico Serra (autores de Entre os dedos), con Helena Taberna (La buena nueva), Juan Vicente Córdoba (autor do traballo sobre o Pozo do Tío Raimundo Flores de luna), Rogelio G. Abraldes (Buzos haciendo Surf, Un documental sobre Surfing Bichos), Oriol Porta (Hollywood contra Franco) ou o chileno José Luis Torres Leiva (El cielo, la tierra, la lluvia).

Ángel Rodríguez (2º Bach. C)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 02-11-2008 21:28
# Ligazón permanente a este artigo
Xerais vai publicar dous libros de Steiner
A editorial Xerais publicará, despois das polémicas declaracións deste escritor menosprezando o galego, dous libros deste persoaxe no noso idioma.

Os libros son After Babel: Aspect of Language and Translation, de 1976, e mais George Steiner at the New Yorker, unha obra que aínda sairá en inglés para xaneiro.

No blog brétemas, Manuel Bragado, o director da editorial, explica que con estas publicacións quere contribuír a aprofundar no debate "sobre a posición da cultura galega no mundo".

Daniel Díaz (2º BAch.C)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 02-11-2008 00:36
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0