ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

A MESA DENUNCIA UNHA GRANXA ESCOLA QUE PROHIBE O USO DO GALEGO AOS SEUS TRABALLADORES.
As probas desta ilegalidade están nun documento escrito de normas para o persoal educativo da granxa escola, no cal se especifica,literalmente, que ?el idioma empleado en el trabajo será el castellano salvo excepciones que serán previamente comunicadas?.

Pero lamentablemente esta non é un caso illado xa que en moitos postos de traballo permanece a discriminación por motivo da lingua, algo que debería ser resolto inmediatamente.

Polo de agora a ilegalidade cometida pola granxa escola será denunciada ante a Inspección de Traballo.
e ti que opinas? (1) - Categoría: Cousas - Publicado o 25-11-2008 00:20
# Ligazón permanente a este artigo
FOLGA 26 NOVEMBRO
AS MOCIDADES DA MESA CONVOCAN UNHA FOLGA O PRÓXIMO 26 DE NOVEMBRO EN CONTRA DAS AGRESIÓNS CONTRA O GALEGO.

A esta folga son chamados os e as estudantes do 2º ciclo da ESO ,Bacharelato e Ciclos Formativos de todos os centros do pais.
Co lema ?paremos as agresións contra o galego?, os membros da organización desta folga pretenden esixirlle á consellería de educación que ?cumpra a lexislación que ela mesma elaborou? respecto ó uso do galego nas aulas e non aceptar as iniciativas que nos últimos tempos se está levando a cabo na defensa dun suposto bilingüismo, co desexo de que o galego siga sendo a lingua marxinada.
e ti que opinas? (1) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 24-11-2008 10:24
# Ligazón permanente a este artigo
ARROZ CON BERBERECHOS

Ingredientes:

? 2 cuncas de arroz.
? 2 puñados de berberechos (a gusto)
? 1 pemento picado.
? 200gramos de chícharos.
? 1 dente de allo picado.
? Unha cebola picada.
? Aceite de oliva.


Preparación:

1. Sofritir o pemento, a cebola e o allo cun chorro de aceite de oliva.
2. Engadir os berberechos.
3. Unha vez que abran a cuncha os berberechos, engadir os chícharos, o arroz e dúas cuncas de auga por cadansúa de arroz.
4. Cocer o tempo necesario (15-20 minutos)
5. Presentar e servir.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 21-11-2008 11:58
# Ligazón permanente a este artigo
Máis achegas en liña do xenio de Rianxo
A Deputación de Pontevedra realizou un catálogo de fondos dixitalizados da obra de Castelao preservada no Museo Provincial(consta de 1.611 pezas , das cales 1.549 son debuxos). A peneira pódese visitar na páxina web do centro museístico, no enderezo Catálogo Castelao.

Os títulos dos catálogos de debuxo son: Álbum e debuxos de Bretaña,Álbums de Guerra, As cruces de pedra en Galicia e na Bretaña, Cousas da vida, As mulleres e Debuxos de negros.
En canto ós relatos: Diario de 1921, Os dous de sempre , Cousas da vida ,Os homes e Os vellos non deben namorarse. Entre os debuxos pódese encontrar caricaturas, carteis, retratos de cegos, emigrantes, músicos e anciáns, así como paisaxes, máscaras e temas marítimos e relixiosos.

Este catálogo foi definido por moitos como: ?un instrumento fundamental e imprescindíbel para as persoas interesadas en coñecer a obra do intelectual galeguista?. Esta presentación resulta ser un método moderno e introducido nos mellores museos do mundo. A colección será ampliada no futuro, segundo avanzou o presidente do ente provincial.

Ángel Rodríguez (2º Bach. C)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 21-11-2008 00:19
# Ligazón permanente a este artigo
Defensora en Madrid do valor das linguas cooficiais do Estado
O 20 de novembro, en Madrid, Marisol López (secretaria xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia) defendeu o valor das linguas cooficiais como un patrimonio de todo o estado co motivo da inauguración na capital da exposición "As nosas palabras, os nosos mundos". A secretaria xeral explicou os contidos e as mensaxes desta exposición e de paso realizou unha defensa do plurilingüismo como un valor positivo que facilita o diálogo, o respecto, a comprensión e a integración social.

Máis do 99 por cento da poboación entende o galego e máis do 87 por cento fálao sempre ou con frecuencia e por isto asegurou que en Galicia non se impón o galego (que ó ser a nosa lingua será normal que a falemos, non?). Explicou tamén que debe haber igualdade entre as linguas cooficiais e que a Xunta de Galicia traballa para garantir un ensino de calidade que facilite a aprendizaxe das linguas oficias e outras.

Isabel Otero (2º Bach. B)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 21-11-2008 00:12
# Ligazón permanente a este artigo
Vimianzo queda sen servizo de normalización lingüística
Hoxe enterámonos dunha mala nova para a nosa lingua:

O Concello de Vimianzo suprimiu o seu servizo de normalización lingüística, (poñendo como excusa que as subvencións non cubrían todo o custo do proxecto), segundo denunciou a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL).

O concello vimiancés renunciou á axuda de 12 mil euros anuais que lle concedía a Deputación da Coruña para financiar o servizo durante os seguintes anos 2009-2011. O concello xustificou a decisión polo feito de que o organismo provincial esixía unha titulación superior para o posto, e asegurou que a subvención non cubría tal custo.

Ángel Rodríguez (2º Bach.C)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 21-11-2008 00:06
# Ligazón permanente a este artigo
Animación lingüística
Política lingüística e oito editoriais galegas levan a máis de 70 concellos un completo programa de animación lingüística

A Secretaria Xeral de Política Lingüística, Marisol López, presentou na Biblioteca Pública Ánxel Casal, o programa de animación lingüística que se vai desenvolver ata que remate o ano en máis de 70 vilas e cidades galegas en colaboración coas editoriais A Nosa Terra, Baía, Galaxia, Sotelo , Xerais , etc. Esta iniciativa inclúe contacontos , libros , música e teatro.
As actividades están destinadas a rapaces entre 4 e 18 anos, son de balde e todas elas van encamiñadas a fomentar o uso do galego entre os máis novos, xa que son o grupo de idade que menos usa o galego , tanto na fala como na escrita. Aínda así prevé a participación de 50.000 rapaces.

Por eso a miña opinión rapaces é que intentedes ir a estas actividades por que serán moi instrutivas para cada un de nós, e ademais sempre aprenderemos algo novo.


-Lugares e horarios das actividades próximas:


- "Graffiti e letras" actividades en Santiago.

- En Ribeira na casa Hamlet representa no Ateneo Valle-Inclán a obra "Remoldiño vai á feira".

- En Santiago de Compostela, ás 18:00 horas no Centro Comercial Área Central:"Tardes con Paco Peco Pequeneiro".

Angel Rodríguez (2º Bach. C)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 20-11-2008 14:05
# Ligazón permanente a este artigo
Promoción do galego entre os avogados
Co título "Xustamente, en galego" o Servizo de Asesoramento Lingüístico do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela pretende promocionar o uso do galego entre a avogacía.

Xulgados, facultades de dereito, colexios de avogados etc , serán os lugares nos que principalmente se estenda esta campaña a través de carteis divulgativos.

Na páxina web do colexio de avogados abrirase un apartado no que as persoas interesadas poderan deixar o seu "motivo" polo que incrementar o uso do galego no ámbito da xustiza.

Daniel Díaz (2º Bach.C)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 20-11-2008 13:57
# Ligazón permanente a este artigo
TRADUTOR GALEGO-INGLÉS
Opentrad: POR FIN TRADUTOR GALEGO-INGLÉS. Pódese atopar no web de Imaxin, no enlace www.desarrollo.imaxin.com:7000/

O Opentrad é unha ferramenta que permite a tradución entre idiomas.
Imaxin presenta o Opentrad na rede cun prototipo do que será o primeiro tradutor automático entre galego e inglés.
Os interesados poden colaborar no desenvolvemento e mellora desta iniciativa.

Lucia Rey (2º Bach. B)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 20-11-2008 13:34
# Ligazón permanente a este artigo
Aprender sobre as vangardas e a Xeración Nós na rede
A profesora de lingua e literatura galega Rosa Salgueiro ten unha páxina web moi interesante (www.rosasalgueiro.com). Nela que podemos atopar materiais para estudar e traballar a nosa lingua e a nosa literatura.
Dado que en 2º de Bacharelato estamos estudando as Vangardas e a Xeración Nós, achegámosvos algúns dos enlaces que sobre estes temas atopamos nesa páxina.

Vangardas.

-Poemas de Manuel Antonio comentados:

http://www.xente.mundo-r.com/anvi/exercicios_de_lingua/de4a4/0.htm

- Cunqueiro. Pódese atopar un dos seus poemas máis coñecidos musicados (O niño novo do vento) nunha páxina moi interesante: a do ENDL do IES de Cambre (Son de poetas).

http://sondepoetas.blogspot.com/2007/11/no-nio-novo-do-vento-hai-unha-pomba.html

Exercicios interactivos sobre o grupo Nós:

http://centros.edu.xunta.es/iesoteropedrayo.ourense/dptos/gal/materiaisliteratura.htm

Castelao:
http://cadernodelingua.wordpress.com/2008/01/29/alfonso-d-castelao/

Comentario do pai de Migueliño: http://personales.jet.es/a-rede/comentariosgal/miguel.html
Poemas de M. Antonio comentados
Son de poetas
Materiais de lingua e literatura do IES Otero Pedrayo
e ti que opinas? (0) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 20-11-2008 07:43
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0