ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

Ao pan, pan e ...
O noso compañeiro do ENDL Xosé M. Lobato vén de publicar un artigo no xornal Galicia hoxe que non ten desperdicio. Recomendamos a súa lectura a toda a comunidade educativa, xa que -desde a súa perspectiva de profesor e doutor en pedagoxía- fai un repaso excelente sobre o que foi e o que é a lexislación lingüística en Galicia.

Se non o podedes ver na sección de opinión da versión en papel, seguide o enlace:
http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=149&idNoticiaOpinion=474190

Grazas Lobato, por ilustrarnos!

ENDL
e ti que opinas? (1) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 06-10-2009 11:30
# Ligazón permanente a este artigo
Europeos en Rianxo
O luns 19 de outubro chegarán a Rianxo 10 rapaces e rapazas dende Alemaña, Grecia e Polonia, que se aloxarán na casa de dez dos alumnos do IES Félix Muriel, que faremos de anfitrións.

A cada un de nós seranos asignado un deses visitantes, co cal conviviremos durante 5 días.A nosa lingua de comunicación será o inglés, pero tamén lles transmitiremos que aquí existe unha lingua propia, o galego, que non temos porqué agochar.

Mentres eles non chegan, estámonos preparando: o mércores 30 de setembro organizouse unha xuntanza informativa, na que cada un de nós levou unha foto en formato dixital e un texto en inglés a modo de presentación, para enviárllelas a eles.

Todos nós estamos impacientes por coñecelos, e esperamos con ilusión o día da súa chegada.


Bárbara Fernández Insua

2ºBAC C Nº4
e ti que opinas? (0) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 06-10-2009 11:12
# Ligazón permanente a este artigo
Actos a favor do galego
Despois dunha primavera moi quente en canto a temas lingüísticos, dun verán que ferveu e botou por fóra cos resultados da enquisa do galego no ensino, chega o outono que se prevé "movido". Polo de agora xa hai convocatorias de movementos sociais a favor da lingua propia de Galicia (isto non o inventamos nós, que xa o di o Estatuto de Autonomía). Os máis próximos:


Presentación da Plataforma ProLingua
Sábado, 3 de outubro ás 11:30

Facultade de Filoloxía
Santiago de Compostela
http://prolinguagalega.org/


Manifestación a prol da lingua
Plataforma Queremos Galego

Domingo, 18 de outubro ás 12:00
Alameda de Santiago de Compostela
http://www.queremosgalego.org/
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 02-10-2009 17:57
# Ligazón permanente a este artigo
CURSO 2009-2010: XA ESTAMOS DE NOVO EN ACTIVO!
Despois do parón no período estival, xa comezamos a nosa actividade neste curso 2009-2010.

Esperamos encontrarvos na rede a diario para que compartades toda a información que imos colgar neste espazo e tamén na nosa revista dixital Bico da ría (www.bicodaria.com) e mais no blog do club de lectura Ex-libris(www.blogoteca.com/exlibris).

Pero ademais de dedicarnos a escribir nestes formatos electrónicos desenvolvemos moitos outros proxectos. Imos deixar aquí mostra dalgúns dos máis interesantes para este ano:

A EUROPA MULTILINGÜE: ABRINDO PORTAS EN GALEGO
- Intercambio con visitas guiadas.
- Vídeo promocional en galego e inglés
- Guía práctica de conversación multilingüe
- Páxina web
- Videoconferencias
- Presentación do proxecto
- Tradución de cartas de restaurantes
- Campaña de fomento do galego no sector empresarial.
- Entrega de diplomas.

NO MEU MAR, NA MIÑA LINGUA III
- Vocabulario visual en formato papel e electrónico
- Lámina do barco de batea
- Calendario
- Presentación do proxecto
CLUB DE LECTURA E BLOG EX-LIBRIS
- Grupos de lectura
- Redacción de artigos para o blog
- Intercambio de experiencias co CPI de Lousame
- Festa da lectura
BANDA DESEÑADA CONTRA OS PREXUÍZOS
- Elaboración dos cómics
- Concurso
- Exposición
LETRAS GALEGAS 2009: NOVONEYRA
- Cartel anunciador
- Difusión da poesía de Novoneyra. Pegada e lectura de poemas
- Concurso de lectura en alto

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS
- Intercambio
- Obradoiro de escrita creativa
- Charla sobre Novoneyra
- Charla sobre poesía galega actual
- Ciclo: O galego serve para... todos os ámbitos

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!!!!!!!

Clara (1º Bac.)
e ti que opinas? (1) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 02-10-2009 17:53
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0