ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

Prolingua apoia a Núñez Singala a crear textos do galego
A plataforma Prolingua deu onte o seu apoio a Núñez Singala, despois de que Galicia Bilingüe criticase a súa obra teatral "Comedia Bífida". Eu, que lin a obra o ano pasado, non o entendo! Un texto onde se poñen de manifesto os prexuízos que existen cara á lingua de maneira moi simpática non tiña porque amolar aos de Galicia-Bilinüe.

Prolingua ante este comportamento de Galicia Bilingüe comunicou que intentar eliminar as opinións desfavorables que os demais teñen de nós facéndoas simplemente calar, fainos ver que se negan cada unha das acepcións da palabra liberdade. A idea de Prolingua é que o escritor, continúe escribindo este tipo de textos dramáticos que xiran en torno a lingua galega, e que se continúe coa promoción do galego.


Ana (2º Bach A)
e ti que opinas? (2) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 16-10-2009 12:02
# Ligazón permanente a este artigo
A Fundación Galicia Empresa aumenta socios
Incorpóranse catro novas empresas ao grupo Galicia empresa, son Enos,Tubis Armados, Elinsa e Altair.

As empresas que están nesta fundación xúntanse coa intención de normativizar e normalizar o emprego do galego, impulsándoo tanto na súa comunicación interna, entre o persoal, como externa, en publicidade e no contacto directo co cliente.
A todos os galegos nos gusta escoitar un "bos días" ao entrar nun comercio e un " Adeus, moitas grazas" ó saír deste polo que lle agradecemos este esforzo. Fagamos entre todo que isto sexa cada vez máis frecuente.


L.V.T (2º Bac. C)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 16-10-2009 11:58
# Ligazón permanente a este artigo
A OCU só acepta a toponimia castelinazada
A OCU (Organización de Consumidores e Usuarios) creada no 1975, ten unha sensibilidade cara ás lingua cooficiais nula. A mostra está en que se empeña en castelanizar a toponimia.

O socio galego da OCU, Miguel Arias Fernández, envioulle recentemente varios correos a asociación para que respetase a lei de Normalización Lingüística, pero a resposta foi contundente: "As reclamacións non proceden". Vaia, que a principal organización de consumidores de España non admite reclamacións.

A súa teoría é que o nome das entidades maiores teñen que ir en castelán, así o explican co exemplo de Londres. Escríbese Londres e non London, co cal A Coruña ten que seguir a mesma regra e pasar de ser A Coruña a La Coruña, aínda que coas entidades pequenas non pasa o mesmo xa que estas pódense escribir noutras linguas cooficiais.


Patricia (2ºBach C)
e ti que opinas? (2) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 16-10-2009 11:55
# Ligazón permanente a este artigo
COA APROBACIÓN NON CHEGA
A normalización baséase na unión de todos os falantes co propósito de que o galego sexa o idioma falado en toda Galicia. Para poder conseguir esa unión, non só se necesita aprobación, senón que tamen é necesaria a colaboración de todos e especialmente dos altos cargos da XUNTA.

Por todos é coñecida a liorta que precede ao nome de `A Coruña´ por mor do artigo así como outros moitos topónimos en castelán. A Lei de Normalización Lingüística de Galicia é clara e só admite a toponimia en galego.

Fálase da intención, aínda que o conselleiro de educación non o confirmou, pero tampouco desmentiu, que se está a pensar en modificar a Lei de Normalización Lingüística para permitir o uso cooficial de topónimos en castelán.
Ante esta política lingüística Bieito Iglesias acusou ao conselleiro de non respectar as leis ao que Jesús Vazquez responde dándolle largas ao asunto e dicindo que os labores levados acabo polo seu departamento en relación coa promoción do galego continúan en marcha e que a maiores se está fomentando o idioma galego nas empresas.

J.Daniels (2º Bach. A)
e ti que opinas? (1) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 16-10-2009 11:53
# Ligazón permanente a este artigo
A literatura galega presente en Arxentina

Nestes últimos anos creouse en Arxentina un grupo de lectura por parte dun conxunto de persoas de ascendencia galega, que comentan o tema e ideas de diferentes libros. Todos os libros pertencentes á escritores representativos de Galiza.

O lugar escollido foi unha das salas do café ? Tortoni. Este café foi, tras a Guerra Civil, un lugar onde escritores e pensadores galegos exiliados da época se reunían.

Andrea Cobas e Dévora Campos foron as creadoras deste grupo onde se abordan temas tan coñecidos coma o franquismo ou a Guerra Civil. Estes mostran as súas opinións e debaten sobre a situación que vive o noso idioma.

Aínda que hai un gran número de emigrantes e descendentes galegos en Bos Aires, hai dificultades para encontrar obras escritas en galego, por iso ten moitísima importancia o labor deste reducido grupo xa que non se conta co apoio de ningunha organización ou asociación.

Ana(2ºBach A)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 16-10-2009 10:30
# Ligazón permanente a este artigo
A plataforma Galego Sempre Máis defende a normalización da lingua dende o reintegracionismo
Eduardo Sánchez Maragoto é un dos creadores da organización "Galego Sempre Máis" fundada arredor do movemento integracionista para superar a condición do galego como lingua rexional.
Na entrevista feita por Vieiros a Eduardo Maragoto explícase que a plataforma xurdiu con motivo da manifestación do 17 de maio co obxetivo de apoiar o movemento normalizador dende unha mobilización máis forte.
A pricipal diferenza cos outros grupos na defensa da lingua é a súa visibilización, centrándose no integracionismo como único futuro posíbel.
A plataforma manifestarase contra o bilingüismo pola hexemonía social do galego nun grupo que se distinguirá pola cor laraxa.
Apoiarase calquera normalización da lingua que intente superar a condición de lingua rexional ata chegar a ser unha lingua internacional.

Miriam Rodríguez Collazo 2º Bach C
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 15-10-2009 11:32
# Ligazón permanente a este artigo
Manifestación en defensa da lingua
Queremos Galego!!!

A plataforma
QUEREMOS GALEGO convoca unha manifestación en Santiago de Compostela para o día 18 de outubro e que sairá ás 12 da Alameda. Dita manifestación,está pensada desde o pasado xullo e algúns actos relacionados coa mesma xa comezaron a ter lugar. Moitas das persoas que apoian e promoven esta convocatoria son artistas coñecidos como o ex vocalista do mítico grupo,Os diplomáticos de Monte Alto.
A importancia deste feito é a de reinvindicar o uso da nosa lingua fronte ós que intentan restarlle importancia. Esta plataforma presentou tamén o texto da iniciativa lexislativa popular pola protección dos dereitos lingüísticos.
Como xa sabedes, a Xunta leva a cabo varios proxectos para diminuír o uso da nosa lingua, mentres adica gastos excesivos a programas que non solucionan os verdadeiros problemas de Galicia. Un exemplo dun gasto inútil,foi o cambio de nome das ?Galescolas? polo de ?Galiña Azul?,xa me diredes que tiña de malo o primeiro nome?
Por iso,QUEREMOS GALEGO, conta con levar á rúa unha iniciativa para a recollida de apoios que se iniciará o vindeiro mes de novembro,extendéndose durante catro meses máis.
Ante esta situación comvidámosvos a que participedes nesta manifestación para defender os nosos dereitos como galegos,defendendo xa que logo, a nosa lingua e a nosa terra.

Tania Rodríguez Sobradelo 2º Bach. C
e ti que opinas? (1) - Categoría: Cousas - Publicado o 14-10-2009 10:58
# Ligazón permanente a este artigo
Teletubbies subtitulados para nenos que non saben ler!!!
A TVG está emitindo programación en inglés, para potenciar a cultura trilingüe. Estas son a serie infantil "Teletubbies", en inglés con subtítulos en galego, enfocada a un público de 0 a 4 anos que non saben ler. E por outra parte a serie infantil-xuvenil " A xuíza Amy" que está integramente en inglés.

Todo isto contradí o que se di no artigo 1 da lei da fundación da TVG que obriga a canle pública a emitir todos os seus produtos totalmente en galego para a defensa dos valores da cultura e do idioma galego.

Isto non é todo, xa que a TVG xa anunciou que a comezos de novembro estreará na G2, a serie "Dawson Creek", tamén en inglés con subtítulos,e dirixida ao público infantil e xuvenil.

APRADOGA(Asociación de Profesionais da Rama Artística da Dobraxe de Galicia), anunciou que se reunirá o próximo 16 de outubro cos directivos de programación allea da TVG para facer unha análise da situación, aínda que xa se decata de que hai unha intención de recorte de inversións en dobraxe, xunto cunha compoñente ideolóxica que cuestiona a implicación que ten a canle na defensa do galego.


Patricia (2ºBach.C)
e ti que opinas? (1) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 09-10-2009 01:28
# Ligazón permanente a este artigo
Axuda á normalización do galego: bebe Galicola!

Coca-cola, Pepsi, Mecca-Cola, Quibla-Cola...... si Galicia ten a súa propia cervexa e está considerada unha das mellores en toda España.....por que non crear unha imitación da cola feita en Galicia?. Pois si señores e señoras, esa alternativa galega ó refresco máis famoso do mundo xa chegou: a Galicola xa é un feito. Consiste nunha bebida similar á Coca-cola, sen cafeina,e posto a disposición dos consumidores nunha botella de 33cl. totalmente de plástico. O número de cantidades producidas polo de agora é reducido posto que non se sabe con que forza asaltará o mercado galego e incluso o español. Pero 5.000unidades xa foron fabricadas e esperan a ser postas en circulación.

Pero o realmente importante non é o produto, senón a vontade con que este foi feito: ademais de que Galicia contaría cunha marca propia dunha bebida dese calibre, os fondos recadados investiríanse no traballo a favor da normalización do galego. Cada entidade expoñería o seu proxecto e o que saíse elixido por votación popular sería o encargado de promover a nosa lingua axudándose das ganancias da Galicola.

Esta idea xa se levou a cabo en varios países, non só para obter beneficios para o propio lugar, senon tamén como protesta do capitalismo americano, do cal a marca de Coca-cola é un claro exemplo. Nalgúns casos a bebida fracasou, pero tamén os houbo onde se popularizou. En canto á nosa Galicola.....cal será o seu futuro?

J. Daniels (2ºbac. A)

e ti que opinas? (3) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 08-10-2009 22:20
# Ligazón permanente a este artigo
ProLingua
O galego xa conta cunha nova plataforma que reivindique os seus dereitos e que combata contra a política do goberno en torno ó galego.

O sábado pasado tivo lugar en Santiago a asemblea constituínte, á cal acudiron todo tipo de persoas e de diversas ideoloxías comprometidas coa súa lingua.

Como a plataforma non quere perder un minuto máis,xa comezou a convocar actos reivindicativos para os vindeiros días.


Para máis información, por se algún de vós se perdeu a asemblea e está interesado, pode consultar as seguintes páxinas.




Lorena 2ºA


e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 08-10-2009 21:35
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0