ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

Vistes o vídeo da intervención de Avelino Pousa Antelo?
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 20-10-2009 16:38
# Ligazón permanente a este artigo
RECLAMO DA IGUALDADE E OFICIALIDADE DO GALEGO NA

Co comezo da presidencia semestral española da UE a principios de xaneiro de 2010,
vólvese a plantexar o tema de que o Galego, xunto co Catalán e o
Éuscaro, poida ser oficial na UE e no Parlamento de Bruxelas.

Diego López Garrido, secretario de estado Español, presentou esta reivindicación
ante o Parlamento e a Cámara, onde os socialistas e os nacionalistas
apoiaron e reivindicaron a oficialidade do Galego na UE e así conseguir, como
todos desexamos, que os deputados e deputadas poidan expresarse na lingua
cooficial española que desexen dentro do Parlamento onde ata agora lles era
totalmente imposible.

Todos estamos cos ollos ben abertos e atentos xa que sería un gran obxetivo cumprido
ver que o Galego, a nosa lingua que tanto apreciamos, sexa oficial a nivel europeo
dentro da Cámara. A intención do secretario Diego López de ver esta lingua como
oficial que é ben vista no Parlamento só pode ser eclipsada coa negativa do PP, como
xa pasou noutras ocasións nas que este partido botou atrás todas as iniciativas que
ata agora se teñen plantexado.

D.Galbán (2ºBach C)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 20-10-2009 09:39
# Ligazón permanente a este artigo
Día histórico! nós estivemos alí
Domingo, hora 10.30-> María, Mojo, Martín, Brais, Iván, Angel, Irene e eu (un servidor) fomos para a parade de buses de Rianxo(no Quenxo, Setefogas). Fomos no bus gratuíto posto por ?Queremos Galego? para todo o Barbanza. Deixáronnos na mesma Alameda. Alí mercamos o 1º UNHA GALICOLA, da que eu fai 2 semanas falara na clase e "tododios" se rira... e mira ti... todos mercamos unha. O 2º unha bandeira do país coa estrela vermella. E o resto xa veu só.... pegatinas a moreas... carteis a patadas... música... E nós que fomos pegados a uns gaiteiros toda a manifestación estivemos cantando, gritando, bailando...

DERROGHAS ALBERTINHO?... DERROGO SI SENHOR... DIME QUE DERROGHACHES... A NORMALIZACION.. LALALALA
O Manolo anda pa diante... o Manolo anda pa tras... (8)
"i ela caiu e resbalou
e por debaixo da saia
un lagharto lle marchoue"

E cando chegamos a Praterias e nos di unha muller: Vos xa entrastes á Quintana, non? Que ides repetir mitin?
E nós: Nos aínda vimos agora de recorrer todo, porque o di?

Ela: Deus santooo! E aínda falta toda esta xente por entrar!!

Entramos... ouvimos a varios persoeiros galegos que repetían: a actriz Patricia Vázquez, a Xurxo Souto, a Callón, ao demo que leva a Castelao dentro-> Avelino Pousa Antelo......

E finalmente para rematar, inchamos o peito, man ao alto e a cantar o himno.

Sinceramente, non hai verbas para describilo.. foi un dia-> histórico, máxico, incríbel, inesquecíbel...

NA GALIZA EN GALEGO

Álvaro Ordóñez (1º Bac. B)


e ti que opinas? (7) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 20-10-2009 00:18
# Ligazón permanente a este artigo
MANIFESTACION EN SANTIAGO PARA DEFENDER OS INTERESES DO POBO GALEGO
O pasado 18 de outubro celebrouse en Santiago de Compostela unha manifestación que tiña como fin promover a lingua galega en tódolos ámbitos públicos.


O galego, como toda lingua minoritaria debe ser protexida, e no entanto está sendo avasalada polo seu propio goberno. Feijoo leva unha política que non responde en absoluto cos intereses do pobo galego. Algo que non nos debería estrañar debido a súa orientación política. Por iso o pobo protesta.

O traballo feito ata agora por moita xente que só intentaba que o galego se normalizase vese aniquilado por un cambio de goberno. En que pensaban os galegos cando votaron? Que estarán pensando agora sobre a nosa propia lingua?
Realmente é satisfactorio que unha proposta de tal calibre tivera unha resposta tan positiva. Vai ser que si nos importa a nosa lingua.



TAMARA SOBRADELO NINE 2º BACH B
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 19-10-2009 23:24
# Ligazón permanente a este artigo
DEFENDENDO A NOSA LINGUA
Onte (domingo día 18) miles de persoas decidiron manifestarse en Santiago de Compostela a favor da lingua galega. Os galegos temos una Lei de Normalización Lingüística que debería ser a base do noso idioma. Pero partindo dunha premisa básica: que se hai unha lingua en perigo: esa é a galega. Debe atenderse á xente que decide falar o galego como tamén nós, os galego-falantes, respetamos aos que deciden falar o castelán.
Hai que ter en conta que sempre é defendible unha discriminación positiva da lingua minoritaria. E con máis motivo se a lingua da que se fala está en perigo como é o caso do galego.


Laura Rodríguez Rodríguez 2ºBach C
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 19-10-2009 22:57
# Ligazón permanente a este artigo
O que se viu e o que non da manifestación
Os medios de comunicación contan o que lles interesa, claro está.
Se non fostes á manifestación ou non estivestes na Quintana no momento oportuno, seguro que non vistes o que lle berraron aos reporteiros. Pero con youtube sábese todo!



No telexornal:


<
http://www.youtube.com/watch?v=RFUPIzfxyNQ
No Telexornal
Televisión manipulación
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 19-10-2009 18:43
# Ligazón permanente a este artigo
Onte fomos de manifestación

Moitos e moitas estivemos alí, con ou sen pancarta.
Todos os xornais se fan eco hoxe da noticia, en maior ou menor medida e con diferente grao de información. Mentres os nosos reporteiros elaboran as noticias (hoxe é luns e temos clase pola tarde, recordade!!), tedes un bo resumo de toda a prensa nunha noticia que sacou Vieiros

Titular: Ampla cobertura e rechamantes interpretacións dende Madrid
Subtítulo:
A histórica manifestación do domingo non pasou desapercibida fóra das nosas fronteiras, con enfoques dispares segundo a cor política dos medios.

Deixámosvos o enlace abaixo. Desde aí podedes acceder a tódolos medios dixitais que cubriron a noticia.
En Vieiros
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 19-10-2009 18:13
# Ligazón permanente a este artigo
Non é bilingüismo senón monolingüismo
A noticia que hoxe me chamou á atención fala sobre unha difícil etapa que a nosa lingua está pasando na entrevista que se lle fixo a Adolfo de Abel Vilela (colaborador na elaboración da Lei de normalización lingüística).
O tema a tratar é o uso minoritario da lingua galega no seu propio territorio. Contesta cuestións como a discriminación que nalgúns ámbitos a nosa lingua sofre. O pouco valor que lle temos. O pouco que a apreciamos.
Tamén aclara a pregunta, de que a lingua está influenciada pola política. Adolfo sentencia esta cuestión con esta fabulosa frase: ?os que o fan a política co idioma son os que din que se fai?.
Unha das principais razóns polas que a xente se decanta polo castelán é porque o galego está considerado unha lingua de aldea. Esta situación dáse porque antigamente o rural eran os núcleos onde máis galego falantes había.
A defensa do galego debería estar por encima de todo, xa que é parte da nosa cultura, por non dicir a máis importante.
Cando en política se fala dun bilingüismo social estase a falar realmente dun bilingüismo clasificador e separatista, na maneira de que uns falan galego e outros castelán.
Os únicos bilingües reais que polas rúas, escolas e en Galicia enteira podemos encontrar son aqueles que falamos galego.

Alán Fernández Frieiro 2ºC
e ti que opinas? (1) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 19-10-2009 11:20
# Ligazón permanente a este artigo
Lendo polo galego
O pasado mércores aconteceu un acto organizado pola plataforma ?Queremos Galego? baixo o título de ?Lendo polo Galego?, cun único obxectivo: reclamar o uso do galego.
Neste acto participaron escritores como: María Lado, Francisco Castro?, músicos: Anxo Pintos, o debuxante e creador dos Bolechas: Pepe Barreiro e moitos máis que contribuíron coas súas lecturas de cinco minutos á mellora do uso do idioma. O acto celebrouse en Vigo na Praza da Princesa.
A coordinadora desta plataforma estaba moi contenta pola colaboración de persoas alleas a ?Lendo polo Galego?.

Arantxa Tubío Abuín 2ºA
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 19-10-2009 10:26
# Ligazón permanente a este artigo
Marcha
Ao parecer, mañá, domingo 18, Galicia sae a rúa a defender a lingua galega en Galicia, e que cousas, que un galego en Galicia saia a rúa a defender a súa lingua!. Pois si, ao parecer  a Xunta "plantéase" acabar coa presenza pública do galego? É por isto mesmo, a plataforma  Queremos  galego, pretende abrirlle os ollos á Xunta cunha marcha multitudinaria en Santiago, iniciada xa coa marcha do Día das Letras Galegas. Será este domingo ao mediodía.
    Para esta marcha contan con moitos galegos que se desprazarán en bus ata a capital e tamén co apoio de máis de 400 entidades e con 3000 persoas moi influíntes, finalmente a esta convocatoria tamén acudirán o PSdG e o BNG.
   E eu con todo isto pregúntome. Por que se debe promover oprimir unha  lingua como o está intentando a  Xunta?  Molesta?,  fai algún mal ou e que nun mesmo territorio non poden convivir dúas linguas diferentes? Pois isto desgraciadamente sucede, pero  fan oídos xordos cando a pobo di que se debería divulgar o uso das dúas linguas por igual, é dicir, cos mesmos dereitos, coas mesmas oportunidades....


Carlos Lorenzo 2ºBach B
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 18-10-2009 00:37
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0