ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

Apoio incondicional dos nosos veciños

Na manifestación do pasado día 18 de outubro existiu unha gran presenza galega e tamén non tan galega. Eufóricos e ansiosos eran os mellores adxectivos para identificar as masas que percorreron as rúas de Santiago. As rúas permaneceron ateigadas de xente durante todo o día, de comezo a fin. Xa foran ou non Galegos os numerosos asistentes, estou seguro de que estes tamén apoiarían a razón da multitudinaria manifestación.

O que neste acto se veu pedindo foi a atención da poboación sobre o que o actual goberno está facendo co noso idioma. O goberno que agora mesmo se encontra vixente, intenta difundir a mensaxe de que o galego é unha lingua minoritaria. Estao a conseguir de tal maneira que intentan implantar políticas ?bilingüistas? que deixan quedar nunha mala posición o galego.

A este acto acudiron xentes de toda Galicia xunto con amigos das proximidades, como por exemplo do Bierzo. Estes tamén están en desacordo co trato que se lle está dando á nosa querida lingua.



Alán Fernández 2ºC
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 27-10-2009 11:13
# Ligazón permanente a este artigo
ASTÉRIX E OBÉLIX EN GALEGO
Acaba de saír á rúa a edición especial das aventuras de Astérix e Obélix -O libro de Ouro. O primeiro exemplar traducido ao galego en varios anos, grazas á campaña promovida polas mocidades da Mesa pola Normalización lingüística quen fixo chegar aos responsábeis da edición once mil sinaturas individuais.

Dende aquí animo a toda a xente á que gusten dos cómics a que merquen esta edición xa que así estarán a colaborar coa normalización da lingua.


Tamara Sobradelo Nine (2º Bach A)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 27-10-2009 10:33
# Ligazón permanente a este artigo
SEGUNDO CALLÓN, FEIJOO PRESIONOU Á TVG PARA NON EMITIRA ALGÚNS PROGRAMAS INFANTÍS EN GALEGO
Callón acusou a Alberto Núñez Feijoo de querer desmantelar a oficialidade dunha lingua propia diferente ao castelán e criticou o seu intento de eliminar o galego das probas de acceso á administración pública e de presionar á TVG para que deixe de emitir en galego algúns programas infantís.

O dirixente da Mesa destacou a ?resposta masiva? da sociedade contra ?estas plíticas do goberno autonómico e suxeriu a Feijoo que escoitase máis ós cidadáns e que fose máis humilde. Expresou que era presidente da Xunta por un só deputado e tendo 5000 votos menos que as forzas da oposición parlamentaria.

Carlos Callón participa estes días en conferencias da universidade de Deusto e do País Vasco para falar da situación lingüística en Galicia.


Laura Rodríguez Rodríguez 2ºBach C
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 27-10-2009 10:22
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Henrique Monteagudo
Recoméndovos a lectura dunha entrevista realizada por Vieiros a un dos impulsores de ?Galego. Patrimonio da Humanidade?: Henrique Monteagudo que eu lin hai uns días. Vieiros fala con Monteagudo da normalización e da política lingüística pasada, presente e futura tendo como referencia a manifestación a favor da lingua do domingo 18 de outubro.
A entrevista consta de varias preguntas que Vieiros realiza a Monteagudo, estas tocan diversos temas. Monteagudo afirma que a marcha foi un grande éxito pola asistencia e pola diversidade de grupos e colectivos sociais que participaron.
A min os temas que máis me gustaron durante a entrevista foron: o familiar e o político. O político porque Monteagudo fala dunha estratexia realizada polo PPdeG, que foi facer seus os sentimentos dunha exigua minoría electoral, aínda que está por ver se a súa base electoral non lle acaba pasando factura.Tamén me gustou o que dixo sobre que a adhesión a ?Galego. Patrimonio da Humanidade? do progresismo foi natural xa que eles o quixeron así mentres que a xente do PP non foi tal. Máis cando se dean conta de que non se sumaren vai na súa contra, Monteagudo, e eu como lectora da entrevista, creo que o farán. Hai que destacar un cousa: que o galego non se pode asociar directamente ao nacionalismo.
Sobre o ámbito familiar destaco a presenza de pais que transmiten o galego aos fillos e que por desgraza ven frustrados os seus esforzos ao ver que volven da escola falando castelán, aínda que tamén temos que valorar moi positivamente a presenza de maiores que se preocupan polo tema.
Finalmente convén mencionar que comeza a haber unha pequena recuperación do galego e todo grazas aos que día a día fixeron e seguen facendo un grande esforzo por evitar a apropiación e o monopolio da defensa do galego.

Arantxa Tubío Abuín 2ºA
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 27-10-2009 10:19
# Ligazón permanente a este artigo
Un momento de relax: cantar no karaoke

Os compañeiros e compañeiras do ENDL do IES Chano Piñeiro de Forcarei tamén teñen un blog http://linguademontes.blogspot.com/. Recomendámosvos acceder con frecuencia a el, pero o que non ten desperdicio son as súas propostas de karaoke.

Alí, na "Lingua de montes", colgaron varias posibilidades para participar nun karaoke pero a última é un vídeo do dúo Beyoncé-Ana Kiro. Se queredes botar unhas risas, por favor, ide alá, e cantade seguindo os subtítulos... e de paso dádelle algo á coreografía tamén.

e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 27-10-2009 00:54
# Ligazón permanente a este artigo
NOVA MEDIDA DE NORMALIZACIÓN DO CATALÁN

A Lei de cine de Cataluña, que saíu estes días, obriga a dobrar ou subtitular en catalán as películas producidas polas máis grandes compañías distribuidoras. Esta lei, só afectará aos ?mayors",(maiores estudios de cine que dominan na industria cinematográfica actual), deixando fóra ao cine independente etc?


As multas rondarán entre os 1.000 e 5.000 euros por cada unha das copias que se fagan incumprindo esta normativa, destinandose a metade do diñeiro recadado á Generalitat.


O que se intenta conseguir con estas elevadas sancións é tratar de que as distribuidoras se sintan obrigadas a cumprir a normativa, xa que anteriores intentos quedaron en nada pola oposición destas.




Ana (2A)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 26-10-2009 11:49
# Ligazón permanente a este artigo
ENSINO TRILINGÜE
O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, informa de que a educación impartirá materias en inglés. Poñer en marcha isto require máis dun curso xa que conleva o desenvolvemento de novos materias didácticos e a formación dos docentes que impartirán a materia no novo idioma.

A intención de Anxo Lorenzo, que segue a líña do que marcou Alberto Núñez Feijóo a principios desta lexislatura, é que a normativa que regule este modelo de ensino terá que estar lista antes de que acabe este ano.


As seccións bilingües seguen sendo apoiadas pola Xunta. Uns 300 colexios xa implantaron a ensinanza de varias materias como Plástica ou Coñecemento do Medio nunha lingua extranxeira, sexa inglés ou francés.


No asunto do trilingüismo Feijóo afirmou que ademais das linguas cooficiais os mozos e mozas galegos deben dominar tamén o inglés, para deste xeito comunicarse prácticamente con todo o mundo.



Miriam Rodríguez Collazo 2º Bach C
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 23-10-2009 11:12
# Ligazón permanente a este artigo
Estarrecedora entrevista a Carlos Callón
Un momento da entrevistaO luns 19 de outubro, Carlos Luís Rodríguez entrevistou no programa Foro Aberto, da TVG, a Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística. Esta entrevista levantou moita polémica na rede debido a actitude do entrevistador cara a Callón, que tivo que aguantar ataques verbais durante dez minutos cunha serenidade estoica.
Un bloguerio, Martin Pawley, que cualifica de estarrecedora a entrevista, salienta que este encontro o gañou Callón, debido á actitude calmada que mantivo durante todo o programa a pesar das agresións por medio das palabras e das interrucións. Tamén fai un chamamento ao Colexio Profesional de Xornalistas para que se pronuncie sobre o tema e ademais, liga o vídeo (do cal poñeremos o enlace a continuación) a Xavier Pérez Igrexas, promotor dun grupo en Facebook que pide o cesamento de Carlos Luís Rodríguez.
As opinións non se fixeron esperar, e gañaron por maioría absoluta as que felicitaban a actitude do presidente da Mesa e lle mostraban o seu apoio.
Na miña opinión, considero toda a entrevista unha falta de respecto cara a Callón. O entrevistador non tivo nin a actitude nin a educación que debía nun programa que tería que ser de preguntas e respostas, cando no seu lugar só foi un ataque ao presidente da Mesa. Carlos Luís Rodríguez tiña que mostrarse respetuoso e amable, aínda que só fose por manter a dignidade da súa profesión.
Esperemos que un incidente como este non volva acontecer.



Para máis información:

http://www.dailymotion.com/video/xav9r7_carlos-callon-entrevistado-por-carl_news

http://pawley.blogaliza.org/2009/10/21/carlos-luis-rodriguez-contra-carlos-callon




Lucía Triñanes 2º Bach. C
e ti que opinas? (1) - Categoría: Ollada crítica - Publicado o 22-10-2009 01:20
# Ligazón permanente a este artigo
SEN FALA SERIAMOS GALIÑAS DESPLUMADAS
O domingo día 18 de outubro tivo lugar en Santiago unha manifestación en apoio da lingua galega.
Durante toda a manifestación puidéronse ler carteis e pancartas moi variados como: "Despois de hacer esto, imos a prejuntar si los nenos queren matemáticas", ou escoitar cantigas populares como a Rianxeira.
Un dos portavoces, dixo que como non collía toda a xente na praza que se tirasen as paredes, xa que se a lingua non era importante tampouco o sería o patrimonio.
A manifestación, foi pacífica durante todo o percorrido a excepción dos últimos intres desta nos que houbo algún problema coa televisión autonómica. Por sorte non pasou a maiores.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 21-10-2009 11:58
# Ligazón permanente a este artigo
FEIJÓO FALA DE TRILINGÜISMO PARA GALICIA
Feijoo defende a súa política lingüística baseada no trilingüismo
Feijoo trala súa visita ao centro galego da capital inglesa, declarou que a súa política lingüística para Galicia era o trilingüismo xa que iso supón a mellor alternativa para esta.
Para argumentar a súa política lingüística feijoo dixo que a época cambiara e que agora o que importaba era gozar dun bo enriquecemento idiomático, como non, arrimándolle ao galego e ao castelán unha terceira lingua: o inglés, xa que con estes idiomas teriamos a capacidade suficiente para comunicarnos con case todo o mundo.
Con isto concluíu deixando claro o compromiso de manter o galego como lingua propia de Galicia, o castelán como cooficial e o inglés como lingua obrigatoria de ensino.
Verónica Lorenzo Rial 2ºB
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 21-10-2009 10:44
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0