O EDNL do IES Felix Muriel, ven de recibir o Premio de Innovación Educativa do presente curso 2011-2012 convocado pola Secretaría xeral de Política Lingüística polo seu proxecto Rianxo 2112 que está a desenvolver na actualidade coa participación e implicación do alumnado e o resto da comunidade educativa.
Dende o equipo,felicitamos aos alumnos e alumnas participantes e animamos ao resto a colaborar nesta actividade que é ben seguro vos aportará máis coñecemento sobre Rianxo e a súa contorna.
Parabéns!
Comezou o ano. Xa van aló as vacacións e hai que recuperar as nosas actividades sen máis demora e polo tanto, despois da xornada do mércores 11, coa entrega de premios do concurso de lectura e recitado adicados á obra de Cunqueiro, (da que vimos de darvos noticia), a tarde do vindeiro luns,día 16, imos ter no noso centro a visita de Manuel Núñez Singala.
Este recoñecido escritor e experto tanto na identificación coma no traballo por eliminar prexuízos lingüísticos vainos dar unha charla que leva por título; "As simplificacións sobre a lingua galega".
Sen adiantarnos ao que nos vaia contar seguro que aprenderemos moito e que nos fará fixarnos nalgunhas ideas ou actitudes en relación á lingua que, de forma inconsciente algunhas veces, unha parte da poboación pon en práctica ou mesmo defende de xeito convencional sen facer, quizás, unha reflexión a fondo.
Xa vos daremos novas da súa actividade e das cuestións que nós lle plantexemos.
Ao igual que comezou a ano 2012, no Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto comezamos a traballar.
Facendo mención a isto, queremos informarvos de que o concurso de lectura e recitado que realizamos en decembro co motivo da celebración do centenario do nacemento de Álvaro Cunqueiro rematou. Xa están elixidos os gañadores/as.
Este mércores 11/01/2012, faremos entrega dos premios na biblioteca do centro no segundo recreo.
Esperamos que asistades, e que a seguir queirades traballar connósco ao largo do curso.
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.