|
|
|
Normalización lingüística na Terra de Melide |
|
O que se está a facer na comarca Terra de Melide é para tomar nota!
Desde xaneiro de 2008 os servizos de normalización dos concellos de Melide, Santiso e Toques traballan conxuntamente cos ENDL dos seus centros de ensino para mellorar a situación da nosa lingua nestes territorios.
Segundo explica Mercedes Queixas, coordinadora desta experiencia, tentan que o traballo que se desenvolve nos centros de ensino sexa coñecido pola sociedade, e ó mesmo tempo que o alumnado aprecie os esforzos.
Entre os traballos xa en construción está o desenvolvemento dun estudo sobre o estado da nosa lingua na zona, e para o futuro agardan desenvolver unha web que achegue información sobre o proxecto.
Isabel Otero (2º Bach. B) |
|
|
|
Manifestarse na Coruña que bonito é! |
|
Hai que ver o que pasa na Coruña!
Unha marcha alternativa ridiculiza a manifestación "bilingüe" da Coruña
A "Mesa contra el Libertinaje Lingüístico" convocou unha manifestación o pasado domingo 18 de outubro, día no que os xa máis coñecidos membros de "Galicia Bilingüe" protestaban a favor da "liberdade" e do "bilingüismo" e en contra da política lingüística que se está levando a cabo.
Os membros do primeiro movemento "reivindicaban" que en Galicia só se falase castelán, o que fixo que nun primeiro momento fosen aplaudidos polos participantes da outra concentración. Cando descubriron a ironía, viviuse un momento de tensión que rematou coa chegada de varios policías, pero non pasou a máis.
Daniel Díaz (2º Bach.C)
|
|
|
|
II Encontros de política lingüística |
|
Algúns dos ámbitos que se debaten hoxe no marco dos II Encontros de política lingüística desde as administracións locais da Coruña son os perfís profesionais dos técnicos de normalización nas cidades. Este foro de reflexións reúne a uns 75 representantes de diferentes entidades locais neste campo.
Lucía Rey (2º Bach B) |
|
|
|
O galego e o cinema |
|
A pantalla grande parece non levarse ben co galego, pois todos somos conscientes do escaso número de películas que se estrean en galego na nosa comunidade.
O Parlamento establece que se deben dobrar polo menos dez películas de éxito ó galego nun ano, algunhas delas que saíron este ano son, A Crise Carnívora ou Pradolongo. Mais o número segue quedando escaso fronte a Cataluña ou o País Vasco, onde se estrean sobre unhas vinte películas para as que se esgotan as entradas.
Moitas das películas de Doraemon e Shin Chan foron xa financiadas e traducidas ó galego, cun investimento de 102.000? a cargo do departamento de Política Lingüística.
Raquel (2º Bach. A) |
|
|
|
Presentación de "De Profundis" de Miguelanxo Prado |
|
 Hoxe (21.10.08),as oito da tarde na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela, Miguelanxo Prado presentará o seu libro De Profundis publicado en galego pola editora El Patito.É a última publicación de Prado e inclue as ilustracións ao óleo que fixo para a aclamada película, xunto cos textos que van trazando unha historia de amor. |
|
|
|
Lingua e xustiza, a debate no Colexio de Avogados |
|
Hoxe (21.10.2008 ) celebraráse no Colexio de Avogados de Santiago (CAS) a II Xornada Xustiza e Lingua: reflexións para a normalización" ás 19.00 horas.Será organizado polo Servizo de Asesoramento Lingüístico do Colexio de Avogados, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, intervirán o académico da RAG, Xesús Ferro Ruibal e o fiscal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Carlos Varela.
Por:Noemí Patiño (2º Bach. C) |
|
|
|
O teu nome... coma ti. Chámate con xeito |
|
 Este é o nome que recibe unha campaña que está a desenvolver a Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. O obxectivo é que descubramos como debería ser o noso nome en galego, se este é correcto, e inclusonos proporcionan os impresos legais para solicitar a galeguización de nomes e apelidos.
Para máis información aquí tedes o link da web que difunde esta campaña. |
|
|
|
Hórreo do Araño |
|
O hórreo (entre nós tamén chamado garneira) é unha das construcións máis importantes do noso patrimonio etnográfico. Serve para garda-lo millo e outros produtos do agro e distínguense varios tipos segundo as zonas de Galicia.
Sitúase na parroquia de Araño e foi feito na primeira metade do século XVIII. É o hórreo máis longo do mundo (máis de 38 m). Está levantado sobre un muro corrido (que, erroneamente, leva a algúns a descartalo como garneira tradicional.) Pertencente á Casa Reitoral de Santa Baia de Araño, o seu tamaño dá idea do grandes que eran os agros do señor cura ou do moito que recadaba en dezmos e ofrendas.
Kevin González Fernández 3D , Alejandro Lorenzo Miguéns 3B
Jennifer González Fernández 1B
|
|
|
|
Loito para as nosas letras: morreu o poeta Ramiro Fonte |
|
Ramiro Fonte, de 51 anos, faleceu o día 10 de outubro, vítima dunha enfermidade. Nacera en Pontedeume e actualmente residía en Lisboa, onde dirixía o Instituto Cervantes.
Ademais de escribir poesía, cultivou a narración, o ensaio, a crítica e foi un estudoso da literatura galega.
Foi fundador do colectivo poético "Cravo fondo" e deixounos as seguintes obras en verso:'As cidades da nada' (1983), 'Designium' (1984), 'Pensar na tempestade' (1986), 'Pasa un segredo' 1988, 'As lúas suburbanas' (1991), 'Adeus norte' (1991), 'Luz do mediodía' (1995), 'Persoas de amor' (1995), 'O cazador de libros' (1997), 'Mínima moralidade' (1998), Capitán Inverno (1999) e 'A rocha dous proscritos' (2001).
Recordade que vai seguir vivindo na súa obra. A mellor homenaxe é ler os seus textos!
|
|
|
|
Mozilla Firefox 3.0 en Galego! |
|
 A páxina oficial do navegador Firefox incluirá o 25 de xullo a versión 3.0 en galego, polo que se atopará entre as máis de corenta traducións en linguas como o bengalí ou mesmo o tailandés.
Ata agora só era posíbel galeguizar o navegador instalándolle un engadido; polo que a partir de agora poderemos navegar tranquilamente na nosa lingua se así o desexamos.
Xuntamos a páxina por se desexades descargalo.
|
|
|
|
|
|
|