Warning: mysql_fetch_array(): supplied argument is not a valid MySQL result resource in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/mysql.php on line 37

Warning: mysql_fetch_array(): supplied argument is not a valid MySQL result resource in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/mysql.php on line 37

Warning: mysql_fetch_array(): supplied argument is not a valid MySQL result resource in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/mysql.php on line 37

Warning: mysql_fetch_array(): supplied argument is not a valid MySQL result resource in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/mysql.php on line 37

Warning: mysql_fetch_array(): supplied argument is not a valid MySQL result resource in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/mysql.php on line 37

Warning: mysql_fetch_array(): supplied argument is not a valid MySQL result resource in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/mysql.php on line 37

Warning: mysql_fetch_array(): supplied argument is not a valid MySQL result resource in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/mysql.php on line 37

Warning: mysql_fetch_array(): supplied argument is not a valid MySQL result resource in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/mysql.php on line 37


    


ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

Móbiles en galego

A todos aqueles que se queixan de que o seu móbil non dispoñía da opción do galego no idioma interesaralles esta noticia: os móbiles estarán dispoñibles en galego antes de que termine o ano.
Segundo apuntou a secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, esta novidade, que se enmarca na campaña 'O teu móbil en galego', pretende achega-lo galego á poboación mediante as novas tecnoloxías para fomenta-la relación cos clientes galegos.
Un total de cinco compañías operadoras de telefonía móbil en España: Orange, R, Telefónica, Vodafone e Yoigo; e outras cinco empresas fabricantes de terminais: Alcatel, Motorola, Nokia, Smsung e Sony-Ericcson, ofrecerán os seus servizos e produtos en galego.
Con este acordo, os operadores comprometéronse a prestar as mesmas vantaxes pero en galego, mentres que as empresas acordaron fabricar terminais con opción de menú e manual neste idioma.
As empresas operadoras requerirán nos pedidos aos seus fabricantes o galego como unha opción do idioma dentro do menú do móbil, levarán a cabo campañas nesta lingua e ofrecerán aos seus clientes a posibilidade de renovar ou sustitui-los terminais sin opción do galego por móbiles que sí a teñan.
Así mesmo, Política Lingüística, que dentro deste convenio aporta soporte técnico en cuestións lingüísticas e terminolóxicas, puxo en marcha a web www.oteumobilengalego.com, que servirá como soporte para difundi-la campaña.

Esther Domínguez Alcalde 1ºBACH C
e ti que opinas? (1) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 28-10-2008 10:25
# Ligazón permanente a este artigo
Acordo entre Galaxia e Google
Ambas empresas acaban de asinar un acordo no cal Google publicitará na rede os libros publicados pola editorial Galaxia. Desta maneira poderanse consultar obras completas, aínda que noutros casos serán fragmentos (dependendo do que decidan os distintos autores) da literatura galega na rede.
En decembro ambas empresas farán unha demostración pública dos contidos deste acordo.

Axudará isto a que leamos máis en galego?

Cristina Saborido Rial 2º Bach. C
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 26-10-2008 23:48
# Ligazón permanente a este artigo
IDADE DIXITAL DO GALEGO' NA MESA REDONDA
O martes 28 de outubro as 19:30 terá lugar unha charla no marco da chegada a Vigo da exposición 'As nosas palabras, os nosos mundos' na que participarán Luía Collado, director para Google España de Google e Procura de libros e Google Académico, Montserrat Pardo, xerente de relacións institucionais de Microsoft Ibérica , Xosé María Pousada, director de ETSE de telecomunicacións da universidade de Vigo e Marisol López, secretaria de Política Lingüística.
Esta mesa redonda 'A idade dixital do galego' está organiada pola secretaría Xeral de Política Lingüística.

Noemi Patiño (2º Bach. C)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 26-10-2008 23:44
# Ligazón permanente a este artigo
BARACK OBAMA BOTA MAN DO ÉUSCARO PARA CONSEGUIR MÁIS VOTOS
Fixádevos o que fai a necesidade de votos!
Na súa propaganda electoral en Nevada,o candidato a presidencia de EEUU decide utilizar o éuscaro para os panfletos da súa campaña electoral, xa que Nevada é un dos estados norteamericanos nos que hai un número importante de poboación vasca.

Cristina (2º Bach. C)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 26-10-2008 23:31
# Ligazón permanente a este artigo
A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN DE GALICIA CREOU GUÍAS ESCOLARES EN 10 IDIOMAS PARA INMIGRANTES

Estas guías creadas pola consellería de educación están editadas en dez idiomas para así poder facilitar a comunicación entre os profesores e as familias dos alumnos inmigrantes de Galicia. Estes manuais conteñen preguntas e afirmacións habituais, circulares e información básica en árabe, chinés, ruso e francés entre outros.

Cristina Saborido (2º Bach. C)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 26-10-2008 22:42
# Ligazón permanente a este artigo
PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL PARA AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ
O catedrático de filosofía Agustín fernández Paz co seu libro O único que queda é o amor foi o gañador deste prestixioso galardón concedido polo Ministerio de Cultura.

Dotado con 20.000 ? este premio certifica ó seu libro como o mellor libro de literatura infantil e xuvenil publicado ó longo do 2007 en calquera das linguas oficiais en España.

O xurado estaba formado por Rogelio Blanco, Mónica Fernández, Margarita Salas, Manuel González, Xavier Etxaniz, Emili Teixidor, Cristina Minguillón, Remedios Morales, Marta Rivera, Rosario González, María Penéndez, e os dous ultimos autores galardoados, Fernando Marías e Jordi Sierra i Fabra.

Estes premios son os que aportan prestixio á nosa lingua e o recoñecemento que se merece. Desde aquí anímovos a ler esta e máis obras deste autor e doutros da literatura galega, que non teñen perda ningunha, como se pode ver.

Outras obras do autor que me gustaron: Cartas de inverno, Corredores de sombras

Daniel Díaz (2º Bach. C)
Máis información sobre o autor
http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=13295
e ti que opinas? (1) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 25-10-2008 12:09
# Ligazón permanente a este artigo
Contra a campaña
Olleando pola blogoteca atopei un artigo do Galicia Hoxe que fala da campaña que esta levando a cabo a Universidade de Vigo "O teu nome coma ti... Chámate con xeito"
No que o partido de Rosa Díez, UPyD (Unión, Progreso y Democracía) considera que a dita campaña persegue a todos aqueles que non empregan o galego ou non galeguizan o seu nome e apelidos. Aquí queda o enlace á nova. E máis abaixo o artigo da campaña.

Por: Raquel Cespón (2º Bach. A)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 24-10-2008 16:37
# Ligazón permanente a este artigo
Folga estudantil contra o plan Boloña!
O pasado mércores 22 de outubro tivo lugar nas cinco maiores cidades de Galiza, así como na maioría das cidades de España unha manifestación estudantil contra a privatización da educación. O plan Boloña ten cinco puntos principais que nos afectan a todos os estudantes.

1. Desaparecen as licenciaturas e diplomaturas, agora todas as carreiras pasan as ser "graos" de catro anos.
2. Para obter estudos superiores (equivalencia a unha licenciatura) hai que cursar dous anos máis, os chamados "máster" e os seus prezos están en torno ós 3000?.
3. DESAPARECERÁN AS BECAS ACTUAIS, para converterse en "bolsas-créditos" é dicir, os cartos que nos dean, terémolos que ir devolvendo nós cando consigamos un traballo.
4. AS PRÁCTICAS EN EMPRESAS NON SERÁN REMUNERADAS, é dicir, o período no que esteamos realizando prácticas en empresas non veremos nin un céntimo.
5. Dos catro anos de duración do Grao, tan só ano e medio será de formación específica relacionada coa titulación na que esteamos matriculados, o resto será formación común no resto de carreiras, é dicir, a preparación que obteñamos nunha carreira de catro anos será mínima.
6. Aumentará o nivel de selectivo á vez que diminuirá o de bacharelato, co cal se dificulta o acceso á universidade.

Evidentemente, este plan non só nos afecta a nós os estudantes, senón que afecta a nosos pais que a maioría costearán os nosos estudos, e a todo aquel que queira loitar por un futuro digno; tanto os nosos irmáns, veciños, primos, amigos, etc...


Recórdovos que a próxima folga é o 13 de novembro.



Por un estudo digno e público.

e ti que opinas? (0) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 24-10-2008 16:27
# Ligazón permanente a este artigo
Queremos máis instalacións!
Os mozos/as do noso concello precisan de novas instalacións para o seu lecer.
Os días nos que vai mal tempo os rapaces deberían ter algún lugar onde pasar as tardes. Cando chega o verán e con el os turistas, hai grandes movilizacións en Rianxo (arranxos nas instalacións, propóñense actividades?) debido a que o alcalde quere dar unha boa impresión, e logo, cando chega o inverno descansa e non propón actividades nin temos onde permanecer un sábado á tarde cando hai mal tempo.


Por esa razón cremos que en vez de gastar tantos cartos nas plantas e xardíns deberían gastalos en lugares de ocio para os seus habitantes, xa que son os que viven aquí durante todo o ano e non só durante as vacacións.

Uxía, Lara e Cris
e ti que opinas? (0) - Categoría: Ollada crítica - Publicado o 24-10-2008 11:48
# Ligazón permanente a este artigo
Porque non se pinta o instituto ?
Cremos que nas súas orixes o instituto estaba pintado nunha color parecida ao café con leite clariño. Pero na actualidade xa non se sabe ben cal é a color e o peor é que nalgúns sitios está sen pintar e noutros cáelle a pintura.
Nós cremos que se debe pintar o instituto para sexa máis alegre e os rapaces non sintan como como se estiveran nun cárcere. Deberíase pintar con cores vivas como o azul, verde,...para que inspirasen aos alumnos/as e ao profesorado.


Uxía (3ºE)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Ollada crítica - Publicado o 24-10-2008 10:50
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0