ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

Memorias Vivas
O outro día, estiven mirando un artigo escrito por Xosé González Martínez, colaborador de MUNDIARIO no que dicía que os galegos, que viviron tendo o galego como lingua, e agora estaban mortos,tiñan a inscrición da lápida en castelá. Deixovos aquí un resumo, e os parágrafos máis importantes.


Memorias Vivas
As lendas das lápidas dos defuntos que perpetúan as súa memoria están escritas en castelán, idioma no que endexamais falaron en vida, segundo salienta este especialista no galego.

Nos cemiterios os vivos falan entre si en galego, cando acuden a limpar a sepultura, poñer flores ou prender a lámpada de aceite. Porén as lendas das lápidas dos defuntos que perpetúan as súa memoria están escritas en castelán, idioma no que endexamais falaron en vida. Unha anomalía cultural na que moi poucos teñen reparado, do contrario corrixirían esa inexplicable inercia, despois de tantas décadas de liberdade lingüística.
Segundo o censo de defuncións, en Galicia morren anualmente perto de trinta mil persoas. Pois ben, só un tres por cento das esquelas que se publican nos medios de comunicación están escritas en galego; é dicir, novecentas. E cantas lápidas atopamos en galego? Unha por cada mil.
O Día da Restauración da Memoria Lingüística de Galicia, que se celebrará o próximo día 25 de outubro en máis de medio cento de concellos, programarán senllos actos coa colocación de lápidas nas portas dos cemiterios que digan: ?Na memoria de todos aqueles que aquí xacen, porque grazas a eles Galicia segue a ter cultura e lingua de seu?. E se for posible, co consentimento da familia, substituirase algunha lápida en castelán por outra en galego.


PD : páxina web: http://www.mundiario.com/articulo/sociedad/memoria-viva/20151007224020047438.html


Gabriel Figueira Núñez

e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 14-10-2015 12:31
# Ligazón permanente a este artigo
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 09-10-2015 12:16
# Ligazón permanente a este artigo
Unha viaxe a Burgos

Hai xa un ano, @s alumn@s de 2ºESO fomos a un curso de inversión linguística. Nesta viaxe, as rapazas e rapaces fomos a Burgos, e albergámonos nun campamento. Nós estivemos alí unha semana, na que non o pasamos nada mal.
Eses días había que falar Inglés, pois se falabas varias veces en español ou galego quedabas sen "recreo" por así dicilo.
Aínda que non se podía falar en nigunha lingua que non fora inglés, eu falaba coa xente que me tocara na habitación, que eran asturianos, en galego. E todos nos entadiamos perfectamente.
Mentres estivemos no curso, fixemos xogos en inglés ( dentro do recinto e tamén pola rúa), ideamos unha exposición, e visitamos lugares como un río e como un museo.
Resumindo, foi fantástico. Espero que se volva a repetir.

Gabriel Figueira Núñez

e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 08-10-2015 10:23
# Ligazón permanente a este artigo
Bandas Galegas
Ola, hoxe vou falar sobre as bandas de Galicia. A parte de ser das mellores de España, teñen moi bos mestres de instrumento.
Aínda que existe unha gran competencia, que son os Xaponeses. Son competencia das Bandas galegas, por que nos institutos a parte de dar clase normal tamén teñen unha banda e dan clase de música e de instrumento máis profesional. Con esto quero dicir que ensaian moito máis que nos e estannos a pasar de nivel.

Aínda así, a nivel de España, as Bandas Galegas, como por exemplo a de Rianxo, Lousame, Caldas de Reis, Valga, Catoira... están no Ranking das mellores de España.

E para min é un orgullo tocar nunha delas (Catoira)

Ricardo Mosquera García 2ºESO B
e ti que opinas? (0) - Categoría: Músicas galegas - Publicado o 07-10-2015 12:21
# Ligazón permanente a este artigo
Excursión ao monte Iroite
A semana que vén os meus compañeiros , Carlos o meu titor eu mais eu vamos ir ao monte Iroite a ver mámoas. Faremos unha ruta de case 5 kilometros para ver distintos lugares. Temos previsto saír do instituto ás 9 e estaremos toda a mañá fóra.
Para que saibades como é aquí vos deixo unha foto.



Brais Aido Rey 2ºB
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 06-10-2015 10:27
# Ligazón permanente a este artigo
gorinho.gl
Hai tempo, un profesor do I.E.S FELIX MURIEL
creou un páxina web en internet.
Nesta, el, subía á rede traballos que os alumnos lle iamos mandando.
Por desgracia, este profesor xubilouse e non sei se poderemos seguir co blog. Aínda así espero que disfrute moito da súa xubilación.
Eu penso que é unha páxina moi bonita na que se poden ler historias, ver cómics e mirar moitas outras cousas como autorretratos ou ver imaxes que colgaron os alumnos. Tamén penso que sería unha pena, que esa páxina se perdese.
É aquí o o nome da páxina, animádevos a vela:
http://gorinho.gl/

Gabriel Figueira Núñez
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 02-10-2015 12:23
# Ligazón permanente a este artigo
A VOLTA
Ola a todos e todas!

Estamos nun novo curso. Empezámolo con alumnado novo de 1ºESO e a eles vai dirixida esta mensaxe:

O intituto vai ser algo novo e divertido por descubrir. Ídelo pasar moi ben, se se estuda non ides ter ningún problema.

Benvidos ao IES Félix Muriel.
Se queredes colaborar co ENDL sodes todos e todas benvid@s. Visitade o noso local de Normalización.


Ricardo Mosquera García 2ºESO B
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 30-09-2015 10:26
# Ligazón permanente a este artigo
Minecraft
Hoxe vouvos falar sobre o Minecraft, é un xogo divertido porque te podes conectar a través dunha rede wifi con outros compañeiros.

Hai dous modos de participar:

SUPERVIVENCIA : podes recoller cousas necesarias para sobrevivir (lá, madeira ,etc).
CREATIVO: E un modo no que os materias non fai falta recollelos, principalmente úsase para contruír edificios moi grandes.

Alberto 1º ESO B
e ti que opinas? (24) - Categoría: Cousas - Publicado o 16-06-2015 13:38
# Ligazón permanente a este artigo
Lendo un libro no Castelao

O pasado mércores varios compañeiros de 1º de ESO coma min, pero tamén máis maiores, fomos ler contos ao colexio Castelao.
Paseino moi ben. Fun ler un conto sobre Brasil a unha clase de segundo de primaria.
Fomos ás dez e media volvemos ás doce.
Sorprendeume o ben que se portaron os nenos e todo o que sabían sobre os países do mundo porque ao final da lectura estiveron comentándome cousas e puidemos charlar.

Déronnos como agasallo un marcapáxinas e unha brocheta de chuches.

Sebas 1ºB
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 15-06-2015 12:28
# Ligazón permanente a este artigo
Campamento Musical de Agolada
Do 27 ao 31 de xullo, vai haber un campamento musical en A Golada (Pontevedra). Esta vila
é un lugar moi bonito, que nos permite aproveitar para facer excursións, e hai unha piscina que é outro atractivo deste campamento, ademais dunha gran variedade de actividades musicais; clases de tuba, trompeta, clarinete etc, aparte de tocar en quartetos e nunha banda formada por todos os rapaces.
Por desgraza, só quedan libres prazas para tuba.
Así que os interesados, que se apunten xa, ou perderán unha gran semana a finais de xullo.

Ricardo. 1º ESO
e ti que opinas? (2) - Categoría: Músicas galegas - Publicado o 05-06-2015 11:29
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [4] [5] [6] 7 [8] [9] [10] ... [97]
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0