ENDL do IES Félix Muriel |
|
Equipo de Normalización da Lingua Galega |
|

|
Perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Anteproxecto do Decreto: para a Xunta o galego resta! |
|
Presentan un Anteproxecto do Decreto do Plurilingüimo (???) para a nosa comunidade educativa no que se busca "coidar" o castelán... Coma se tivese algún problema esta lingua na nosa comunidade... quen non sabe castelán?.
Queixámonos cando lemos o borrador, pero resulta que podía ser aínda peor! Descubrimos que despois de apoderarse do lema que sacamos os ENDL a finais do curso pasado: "As linguas suman" que o repite o noso presidente por todas partes, para eles o galego non suma, resta, estórballes, non necesita protección... písano!
Agora xa nos chegou o texto(tédelo en anexo)e brevemente queremos dicir:
- O alumnado vai rematar o ensino obrigatorio con menos competencia en lingua galega da que xa ten!!! Nalgunhas cidades é nula
Sabedes que hai alumnos en infantil que lle preguntaron a un contacontos "Que es can?"... Haberá algún alumno galego que pregunte "Que quere dicir perro?"
Nota: Competencia significa entender, falar e escribir con corrección nunha lingua
- Fálase de que vai haber equilibrio entre as linguas no ensino. MENTIRA. Imos poñer o ex. con 4º ESO no noso centro. Vai haber 3 materias que se imparten obrigatoriamente en castelán: mates, tecnoloxía e física-química... E en galego dúas a historia e a bioloxía. Con que outras materias se vai acadar o 50% de materias en galego?
- Só desde o coñecemento se é libre para poder elixir. Se non coñecemos o galego non é verdade que cadaquén poida falar na lingua que lle pete!!
POLO TANTO, QUE NON MINTAN:
- NON HAI EQUILIBRIO ENTRE AS LINGUAS
- NON VAI HABER COMPETENCIA LINGÜÍSTICA EN GALEGO
- SÓ SE FOMENTAN PREXUÍZOS CARA AO GALEGO (non válido para as ciencias...)
- A SUPOSTA LIBERDADE DE ELECCIÓN DE PAIS E ALUMNOS DEIXA AO GALEGO, lingua minorizada e sobre a que hai moitos prexuízos xa, TOTALMENTE DESPROTEXIDA.
|
|
|
|
1 Comentario(s) |
|
1 |
Paréceme unha burla, a onde imos permitir q#blgtk08#ue isto chegue?
Loitemos polo noso! |
|
|
Comentario por (15-03-2010 12:43) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|