ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

O conselleiro que se perdeu en 'Desván de los monjes'
O conselleiro contestáballe no Parlamento hai dúas semanas a un membro da oposición que o criticaba por dirixirse, nun acto oficial en Madrid o pasado mes de xaneiro, a Sobrado dos Monxes e a Touro como ??Desván de los monjes?? e ??Toro??. Roberto Varela, como defensa negou ter dito tal cousa manifestando que había que ser estúpido para pensar que el ía dicir tal cousa e que deixasen de andar no lixo dos portais de internet que non din máis que mentiras.

Os internautas déronse por aludidos e buscaron a proba do ??delito??. A páxina galiciavesientela, foi pola cal se puido acceder ao vídeo onde aparecen as imaxes de cando empregou tales topónimos.

Dende o goberno acusaron de mentirosos aos que aseguraban que Varela tiña inventado novas localidades nun acto en Fitur.

As reaccións da oposición, como era de esperar, foron inmediatas e o BNG pide unha rectificación pública. Xa non só foi o feito de que o conselleiro corrompera os topónimos oficiais senón que Varela mentiu.

María Quintás dixo que podía considerarse unha simple anécdota, pero que en realidade non o era, xa que era algo máis serio que iso, ata o punto de amosar un desprezo cara á nosa lingua.

Non entendo que unha persoa galega como é Varela, poida facer o que fixo e despois mentir como mentiu. Creo que isto para el foi caer bastante baixo xa que eu considéroo como un desprezo cara a nosa lingua.

Aquí deixo o vídeo no que Varela di ??Desván de los monjes??:
http://www.youtube.com/watch?v=TAxDHlS0Ef4

pero tamén o tendes colgado na nosa revista Bico da ría (xa sabedes: www.bicodaria.org)


María Hernández Noya, 2ºBach. A
e ti que opinas? (2) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 11-03-2010 11:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Non hai vergoñ#blgtk08#a. Ignorante!
Comentario por Sabela Galbán (15-03-2010 18:29)
2 Que pa#blgtk08#spán!
Comentario por PATRI (17-03-2010 20:15)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
O comentario será filtrado por un administrador antes de subir:
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0