ENDL do IES Félix Muriel |
|
Equipo de Normalización da Lingua Galega |
|

|
Perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Bacallau no forno á Portuguesa |
|

Ingredientes:
? 4 bos anacos de bacallau, preferentemente do lombo, cada un de 200g.
. 1.2 kg de patacas
? 2 cebolas peladas
? 3 dentes de allo pelados
? 1 pemento
? 600 gr. de tomate maduro
? 1 folla de loureiro
? 1.5 dl de viño branco
? 2 dl de aceite
? Sal, pementa e colorante
? 2 ramas de perexil
Elaboración:
Corte as cebolas en rodas finas, os allos en láminas e o pemento en rodas, retirándolles as sementes. Lave o tomate, retírelles a raíz e córteos en planas. Limpe as patacas, córteas en tiras e alíñeas con sal, pementa e un pouco de colorante. Poña, no fondo da bandexa, metade das cebolas, dos allos , do pemento,do tomate, do loureiro e unha rama de perexil. Logo na capa seguinte, poña no centro o bacallau xa desalgado e por enriba as patacas.
Por enriba, engada os restantes ingredientes, regue con viño e despois co aceite. Leve a bandexa ó forno a 170º. De vez en cando, déalle a volta as patacas e régueas coa propia salsa. Estará asado en cerca de 50min.
Sírvao na propia bandexa.
Adriana e Isabel |
|
|
|
1 Comentario(s) |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|