ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

Este domingo é o día internacional da lingua materna
Parece que temos un día para celebrar que temos unha lingua materna, este domingo 22 de febreiro...

Esta data estableceuse na Conferencia Xeral da Unesco en 1999 co obxectivo de promover o pluralismo lingüístico e a diversidade cultural. Ademais, busca impulsar o recoñecemento e a práctica das linguas maternas de todo o mundo e, en especial, as das linguas con menos falantes.

Pois desde o ENDL queremos animar aos pais galegofalantes que lles transmitan a súa lingua aos fillos!!!

Pero... todo o mundo sabe que é unha lingua materna? Por lingua materna adoita entenderse aquela na que un suxeito adquire a linguaxe; é dicir, aquela na que aprende a falar de xeito espontáneo.
Actualmente, adóitase recomendar o emprego de lingua inicial (lingua primeira- L1) no canto de lingua materna, pois empregar "materna" pode levar a presupoñer que é a lingua que só transmite a nai e non é así. O factor máis importante é a lingua que empregan os axentes de socialización do neno durante as etapas iniciais do seu desenvolvemento. Na actualidade, este papel compárteno a familia e outros axentes externos, como as escolas infantís e mesmo os medios de comunicación audiovisuais (practicamente todos en castelán!).
e ti que opinas? (0) - Categoría: Cousas - Publicado o 19-02-2010 18:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
O comentario será filtrado por un administrador antes de subir:
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0