ENDL do IES Félix Muriel |
|
Equipo de Normalización da Lingua Galega |
|

|
Perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Máis de mil alumnos de León e Zamora cursan materias en galego |
|

Dende o 2001, tras un acordo entre a Xunta e a Junta de Castilla y León , o galego pasou a ser unha materia de ensino e unha lingua vehicular na docencia no Bierzo e en Sanabria.
Ata o día de hoxe, son 1096 os alumnos e alumnas que neses lugares estudan a nosa lingua e este ano, cen deles poderán completar a súa formación lingüística cunha estadía en Galicia, grazas á Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Asombran as diferenzas do uso do galego, namentres que nos centros de infantil e primaria cursan materias no idioma galego 884 nenos e nenas, en secundaria só o fan 147. En primaria impártese como opción, unha hora e media en galego nas materias de Coñecemento do Medio e Ed. Plástica, e en Secundaria, a materia de Ciencias Sociais.
Cabe destacar que o pasado día 20, o presidente Núñez Feijóo e o seu homólogo Juan Vicente Herrera firmaron un protocolo xeral de colaboración, que inclúe, entre outras cousas, accións cooperativas na educación como a xa citada anteriormente.
Verónica Lorenzo Rial 2º bach B
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|