ENDL do IES Félix Muriel |
|
Equipo de Normalización da Lingua Galega |
|

|
Perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Feijóo nega reunirse con ?Queremos Galego? |
|
 O presidente da Xunta, Núñez Feijóo, negouse a manter unha entrevista coa plataforma "Queremos Galego".Así foi transmitido á plataforma, por medio dunha carta.
Con isto, o presidente da Xunta non só se negou a unha simple entrevista, senón que rexeitou a unha plataforma que conta con 600 entidades e que convocou unha das tres maiores manifestacións democráticas de Galiza, cunha participación de 100.000 persoas.
Queremos Galego considera isto unha falta moi grave de Feijóo, quen se opón a escoitar a aquelas persoas que só piden o cumprimento dos seus dereitos lingüísticos.
Sen dúbida esta negativa do presidente da Xunta supón un claro insulto ao idioma propio do país, ó que compre buscar unha solución.
|
|
|
|
2 Comentario(s) |
|
1 |
Ante isto, alguén esperaba outra cousa? Outra forma de actuar destes moinantes? Sinceramente, cada vez sorpréndenme menos, e reafirmo máis o meu "antipepeísmo".
Nunca pensei ter que estar pedindo a berros que me deixaran vivir na miña lingua, dentro de dous días xa me vexo pedindo que me deixen ata respirar, algo tan sinxelo pero tan preciso coma poder falar na lingua nai.
Só espero que da mesma forma que eu me reafirmo na miña idea de odio contra a política levada a cabo polo señor Feixoo, outras tantas persoas abran os ollos, e pensen coa cabeza no seu sitio, a quen lle dan o voto.
E a todos aqueles que#blgtk08# non acuden a exercer o seu dereito ao voto, que non son poucos, e sobre todo no ámbito estudantil, acudide a facelo. Aínda que pensedes que a política non vos afecta, podedes ver que todo se rixe dende a política. E todos, dende o máis pequeno ao maior, dende o máis louro ao máis moreno, dende o máis alto ao máis baixo... todos estamos nestres intres baixo o dedo dictatorial dunha personaxe, que mesmo semella sacada dunha filme de terror na que se represente a aldraxe dun ladrón que leva consigo ao fillo dunha nai. A nai Galiza queda sen a súa nena, a lingua galega, pero eu non vou ser quen de permitilo.
LOITEMOS POLA NOSA LINGUA!!!! |
|
|
Comentario por Sabela Galbán (13-01-2010 00:59) |
|
|
2 |
Estou c#blgtk08#ontigo! |
|
|
Comentario por PATRI (13-01-2010 19:59) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|