ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

? O ME HABLA EN CASTELLANO O ACABAMOS LA CONVERSACIÓN?

A conversación dunha operadora de UNIÓN FENOSA, na que se negou a comprobar unha avaría que deixou sen luz a cincuenta familias e que esixía que se dirixisen a ela en castelán, foi recibida onte pola entidade Movemento Polos Dereitos Civís despois de ter feita unha reclamación á Axencia Española de Protección de Datos (AEPD). Dita entidade, decidiu facer pública a conversación para denunciar o ?maltrato? dado pola compañía eléctrica a un usuario.

Dita conversa, sucedeu en novembro do ano pasado, cando un veciño do municipio coruñés de Teo, telefoneou para informar da avaría. Na gravación, a operadora esixe que se lle fale en castelán no momento en que se lle pide que comprobe a avaría, feito ao que se negou respondendo que era un corte programado. Aínda por riba, os operadores cortan dúas veces a conversa colgando o teléfono e negándose a pasar a chamada a un superior.

Por outra banda, Unión Fenosa negouse a informar de como conseguir copias das gravacións para posibles reclamacións. Mais, U. FENOSA sostén que este trato ?non é desde logo habitual?.

Sendo Unión FENOSA unha empresa galega, paréceme vergonzoso este tipo de trato, e a vós?

Tania Rodríguez Sobradelo 2º Bacharelato C
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 03-12-2009 10:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
O comentario será filtrado por un administrador antes de subir:
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0