ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

?TRÁTANO COMO UN DIALECTO?

O BNG tivo varias iniciativas ante o Parlamento Galego para denunciar a ?progresiva marxinación e exclusión" da lingua en áreas como a cultura, a sanidade ou a administración local, responsabilizando á Xunta desta agresión ao galego. O Bloque culpa ao PP de imcumprir a Lei de Normalización Lingüística e o Estatuto de Autonomía de Galicia. A este respecto sostén que o idioma galego é tratado "coma un dialecto, inferior ó castelán? á vista das instrucións para completar unha das probas específicas do galego nas institucións.

Bieito Lobeira denuncia que "non importa que se redacte un exame correctamente na lingua propia de Galicia, porque prima o español". Censurando así que se permita o uso de comiñas no caso de que o opositor non estea seguro da tradución dun neoloxismo ou dun termo técnico ao expresarse en galego.

Por outro lado o BNG denuncia as supostas ?ameazas? aos concellos por parte de Norberto Uzal (Director Xeral da Administración Local) co fin de que "reduzan" a incorporación da lingua galega. A formación denuncia que o alto cargo da Xunta "fai unha manipulación restritiva da última modificación" da Lei de Función Pública de Galicia. Polo visto, o escrito advirte de que a Xunta "impugnará" calquera proceso selectivo nos concellos que "non declaren exentos da realización das probas en galego" a aqueles aspirantes que teñan un certificado de coñecemento do idioma.
O Bloque tamén critica a utilización da toponimia, acusando a Consellería de Cultura de realizar comunicacións relativas ao Centro Coreográfico Galego "íntegra e unicamente en castelán" e empregando a fórmula "deturpada" do topónimo da Coruña".


Laura Rodríguez Rodríguez (2ºbach C)
e ti que opinas? (3) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 01-12-2009 09:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 A ver como escribo o que quero sen ter que insular ou faltar ó respeto a ninguén!
Algún vai ter que volver a estudar para saber de onde procede cada lingua e cales están á mesma a#blgtk08#ltura. Non digamos barbaridades... que é iso de agora vir co castelán tocar a marrana. ¿Algún dos que estudamos en galego temos problemas co castelán?
Pois que nos deiXen en paz!!
Comentario por Patri Neira (01-12-2009 22:12)
2 ¿Un dialecto?
¿Aínda hai quen cree que é un dialec#blgtk08#to?
Pero que se ensina na escola...diría meu avó!
Comentario por (02-12-2009 01:29)
3 Este tema tenme demasiado queimada, e mesmo escribiría aquí o que semellaría a miña autobiografía, pero vai ser mellor tranquilizarse. Paréceme unha falta de respeto tan grande que non sería equiparable a calqueira acontecemento do día a día.

Hai un mestre de fagote no conservatorio, que ademáis de ser un gran músico, é unha persoa comprometida e sabedora do sitio que ocupa. Hai un ano,este profesional da música veu dar a Santiago de Compostela tras vir da súa terra natal, Catalunya. O seu afán por aprender a falar galego para pode#blgtk08#r impartir clase no noso idioma é incrible! A cada momento, en cada intre, cando te atopa polo corredor, a cada palabra que articula,pide que o corrixas e lle axudes! O outro día quería dicirme se me lembrara de levarlle un libro, e díxome: "non te equecirías do libro?" e ao ver a miña cara dixo: "ui, non se di así non? como é?"...

E mentres tanto outros de Viveiro (ou como eles dirían "Vivero") imparten clase en castelán e rinse cando dis: "sinto cheGHar tarde".

Así estamos neste país!
NA GALIZA EN GALEGO!!!!
Comentario por Sabela (02-12-2009 01:43)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
O comentario será filtrado por un administrador antes de subir:
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0