ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

O concello nega que poida promover que ?La Coruña? sexa oficial
A cidade seguirá chamándose ?A Coruña?, tras o rexeitamento da proposta do PP, que o PSOE e BNG votaron en contra nunha sesión que durou algo máis de hora e media.
Carlos Negreira, portavoz do PP, recomendou a Losada aproveitar esta oportunidade histórica, e solventar o problema en cinco minutos, advertíndoo de que se non estaba a favor era porque non tiña principios e o poder lle importaba máis ca a dignidade.
Henrique Tello, portavoz do BNG, asegurou que aos coruñeses non lles preocupaba a polémica deste asunto, e desaprobou a actuación do PP, afirmando tamén que Negreira non era de fiar.
O alcalde interviu tras dous anos de silenzo e paciencia, enumerando unha lista de reproches contra o PP, acusándoo de non distinguir entre o partidista e o institucional, e de desenvolver unha política chea de erros. Tamén dixo que o asunto do topónimo si se podía solventar en cinco minutos, pero no Consello da Xunta e ante o presidente Núñez Feijoo.




Lucía Triñanes (2º Bach C)
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 29-10-2009 10:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
O comentario será filtrado por un administrador antes de subir:
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0