ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

A CORUÑA CUMPRE A LEI E PASA DO ?L?



Este luns celebrouse unha convocatoria a iniciativa do PPdeG na que non se puxeron de acordo os tres principais partidos políticos galegos para solucionar a problemática do topónimo da Coruña.

Carlos Negreira, portavoz do grupo popular da cidade, dixo que fora un ?erro histórico? aprobar o topónimo galego na Lei de Normalización Lingüística aprobada co apoio de todos os grupos da Cámara en 1983. ´
A iniciativa do cambio para usar La Coruña tería que pasar a ser debatida no Parlamento onde o PPdeG conta coa maioría e o Presidente da Xunta, Núñez Feijoo, amosouse xa partidario do ?bilingüismo na toponimia? ou mesmo afirmou que ?as normas están para rompelas?.

Henrique Tello, portavoz do BNG na Coruña, acusou ao PPdeG de intentar sacar ?tallada política? aprobando o bilingüismo nos topónimos.

Xabier Losada, alacalde socialista da Coruña, dixo que o cambio do topónimo está en mans da Xunta e do Parlamento e non en mans do concello. O alcalde coruñés tamén lle reprochou ao PP que ande a facer da nosa lingua un elemento de confrontación e pediulle explicacións.


TAMARA IGLESIAS (2º BACH.A)

e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 28-10-2009 11:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
O comentario será filtrado por un administrador antes de subir:
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0