ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

Isto valeu a pena!
Xurxo Souto, antigo castelán falante, comprendeu a importancia da nosa lingua e pouco a
pouco foise adaptando a ela chegando a ser galegofalante. A importancia dos neofalantes no
labor de normalización da lingua está moi sobrevalorado. A continuación deixámosvos a experiencia que contou Xurxo Souto, é interesante:


Despois dun longo camiño, sinto que todo isto valeu a pena. Ser o extraño dunha familia castelán falante, ser o extraño dun colexió no que non se oía nin tan só unha palabra en galego; en definitiva, ser o extraño dun pobo (Resío) no cal, agás tres ou catro vellos falaban neste meu idioma.

Todo foi froito da curiosidade dun mozo cando , tan só con 17 anos,a miña cabeza adolescente necesitaba sentirse autóctono. Algúns amigos uníronse na procura de atopar o sentimento galego. Fomos pouco a pouco ,posto que o impacto social podía ser inmenso. Comezamos falando entre nos, logo animámonos e empezamos a estudar e a responder ós exámenes na nosa lingua. Na casa e nas rúas non nos atrevíamos aínda.

Pasaron os anos, e cando rematei os meus estudos no instituto, comecei a carreira de Filoloxía galega. A vida de neofalante é moi dura, posto que a xente coa que sempre falabas en castelá sinte extraña oíndote nun idioma distinto e por outra banda non sabes que tipo de galego debes falar : se o normativo ou o propio do seu lugar.

Xa na carreira, o galego formaba parte da miña vida. El espertábame polas mañás e el mesmo
me aloumiñaba polas noites. Por fin me sentía galego. E non só a miña nova vida cambiou co galego: meus pais falábanme en galego, podía comunicarme cos meus amigos do pobo en galego,e o mais importante, as próximas xeración da miña familia non precisarían recorrer todo o camiño que eu recorrin para poder sentirme galego. Despois dun longo camiño.....si que valeu a pena.


Queda aquí,pois, demostrada a importancia dos neofalantes con respecto á normalización do galego. (Vida de Xurxo Souto)


J.DANIELS 2ºBac.A



e ti que opinas? (1) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 27-10-2009 11:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 replica #blgtk08#handbags
Comentario por replica handbags (23-09-2014 14:23)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
O comentario será filtrado por un administrador antes de subir:
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0