ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

Manifestación en defensa da lingua
Queremos Galego!!!

A plataforma
QUEREMOS GALEGO convoca unha manifestación en Santiago de Compostela para o día 18 de outubro e que sairá ás 12 da Alameda. Dita manifestación,está pensada desde o pasado xullo e algúns actos relacionados coa mesma xa comezaron a ter lugar. Moitas das persoas que apoian e promoven esta convocatoria son artistas coñecidos como o ex vocalista do mítico grupo,Os diplomáticos de Monte Alto.
A importancia deste feito é a de reinvindicar o uso da nosa lingua fronte ós que intentan restarlle importancia. Esta plataforma presentou tamén o texto da iniciativa lexislativa popular pola protección dos dereitos lingüísticos.
Como xa sabedes, a Xunta leva a cabo varios proxectos para diminuír o uso da nosa lingua, mentres adica gastos excesivos a programas que non solucionan os verdadeiros problemas de Galicia. Un exemplo dun gasto inútil,foi o cambio de nome das ?Galescolas? polo de ?Galiña Azul?,xa me diredes que tiña de malo o primeiro nome?
Por iso,QUEREMOS GALEGO, conta con levar á rúa unha iniciativa para a recollida de apoios que se iniciará o vindeiro mes de novembro,extendéndose durante catro meses máis.
Ante esta situación comvidámosvos a que participedes nesta manifestación para defender os nosos dereitos como galegos,defendendo xa que logo, a nosa lingua e a nosa terra.

Tania Rodríguez Sobradelo 2º Bach. C
e ti que opinas? (1) - Categoría: Cousas - Publicado o 14-10-2009 10:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 COMO ME GUSTARÍA PODER ESTA#blgtk08#R!!
ANIMO RAPACES!!
Comentario por Patri Neira (14-10-2009 22:04)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
O comentario será filtrado por un administrador antes de subir:
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0