ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

Teletubbies subtitulados para nenos que non saben ler!!!
A TVG está emitindo programación en inglés, para potenciar a cultura trilingüe. Estas son a serie infantil "Teletubbies", en inglés con subtítulos en galego, enfocada a un público de 0 a 4 anos que non saben ler. E por outra parte a serie infantil-xuvenil " A xuíza Amy" que está integramente en inglés.

Todo isto contradí o que se di no artigo 1 da lei da fundación da TVG que obriga a canle pública a emitir todos os seus produtos totalmente en galego para a defensa dos valores da cultura e do idioma galego.

Isto non é todo, xa que a TVG xa anunciou que a comezos de novembro estreará na G2, a serie "Dawson Creek", tamén en inglés con subtítulos,e dirixida ao público infantil e xuvenil.

APRADOGA(Asociación de Profesionais da Rama Artística da Dobraxe de Galicia), anunciou que se reunirá o próximo 16 de outubro cos directivos de programación allea da TVG para facer unha análise da situación, aínda que xa se decata de que hai unha intención de recorte de inversións en dobraxe, xunto cunha compoñente ideolóxica que cuestiona a implicación que ten a canle na defensa do galego.


Patricia (2ºBach.C)
e ti que opinas? (1) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 09-10-2009 01:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Mira que non haberá canais para emitir parte da súa programación en inglés que teñen que esco#blgtk08#ller unha cadena en galego para sustituir o galego polo ingles!!
Imos de mal en peor!!
Comentario por PATRI NEIRA (09-10-2009 23:00)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
O comentario será filtrado por un administrador antes de subir:
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0