ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

Axuda á normalización do galego: bebe Galicola!

Coca-cola, Pepsi, Mecca-Cola, Quibla-Cola...... si Galicia ten a súa propia cervexa e está considerada unha das mellores en toda España.....por que non crear unha imitación da cola feita en Galicia?. Pois si señores e señoras, esa alternativa galega ó refresco máis famoso do mundo xa chegou: a Galicola xa é un feito. Consiste nunha bebida similar á Coca-cola, sen cafeina,e posto a disposición dos consumidores nunha botella de 33cl. totalmente de plástico. O número de cantidades producidas polo de agora é reducido posto que non se sabe con que forza asaltará o mercado galego e incluso o español. Pero 5.000unidades xa foron fabricadas e esperan a ser postas en circulación.

Pero o realmente importante non é o produto, senón a vontade con que este foi feito: ademais de que Galicia contaría cunha marca propia dunha bebida dese calibre, os fondos recadados investiríanse no traballo a favor da normalización do galego. Cada entidade expoñería o seu proxecto e o que saíse elixido por votación popular sería o encargado de promover a nosa lingua axudándose das ganancias da Galicola.

Esta idea xa se levou a cabo en varios países, non só para obter beneficios para o propio lugar, senon tamén como protesta do capitalismo americano, do cal a marca de Coca-cola é un claro exemplo. Nalgúns casos a bebida fracasou, pero tamén os houbo onde se popularizou. En canto á nosa Galicola.....cal será o seu futuro?

J. Daniels (2ºbac. A)

e ti que opinas? (3) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 08-10-2009 22:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 O ARTIGO É BOÍSIMO!#blgtk08# /> UN SAUDO RAPACES
Comentario por PATRI NEIRA (09-10-2009 23:02)
2 A verdade é que souben da noticia hai uns días e non a crin porque ma contou un amigo que sempre anda a meter bólas (en plan de broma) Agora que vexo aquí a noticia estou encantada e espero en que teña éxito. Eu#blgtk08# penso mercar Galicola tanto para apoiar os proxectos a favor do galego como para loitar contra a gran multinacinal desa outra cola. Xa teño ganas de probar unha Galicola, e vós? Onde se poderá mercar,sabédelo?
Comentario por unha lectora (15-10-2009 10:42)
3 chanel replica handbags<#blgtk08#br /> cheap chanel bags
Comentario por chanel replica handbags (23-09-2014 14:27)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
O comentario será filtrado por un administrador antes de subir:
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0