ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

O Tribunal Superior de Xustiza recoñeceu o dereito dos centros a informar sobre a enquisa do galego
Xa se acabou co reparto e recollida das enquisas nos centros. Pero hai unha noticia de interese a este respecto.
Os centros educativos realizaron actos divulgativos e repartiron información sobre a enquisa dirixida a familias para que opinasen arredor das linguas no ensino, e fixérono dentro da legalidade e atendendo ás súas funcións. Así o recoñeceu o Tribunal Superior da Xustiza de Galicia co que respondeu á reclamación do sindicato CIG-Ensino encol da prohibición que fixo a Consellería de achegar información sobre este proceso.
Ademais Consellos Escolares de diferentes IES e CEIP así como a Coordinadora de ENDL, entre outras organizacións, denunciaron que o xeito en que se estaba a realizar a enquisa levaba a que non se obtivesen resultados fiables.
Pola súa banda, PSOE e BNG denunciaron o gasto que supón esta iniciativa, que valoran en 300.000 euros.

Noemi Patiño (2º Bach. C)
e ti que opinas? (1) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 23-06-2009 08:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Eu non entendo nada!
Non entendo que narices pinta que haxa que escoller unha das dúas linguas. Que pasa ¿eu son bilingüe pero rapaces 5 anos máis novos ca min xa teñen que ser monolingües, co perxuicio que isto ten? Non o vexo normal.
Sempre querendo que aprendamos inglés...francés...portugués...porque hai que saber#blgtk08# varias linguas...e bo para o noso futuro..e demáis.. e a nosa linga propia, que forma parte da forma de sermos cada un de nós, cada un dos galegos...¿que pasa con ela? ¿a nosa lingua non temos que aprendela? ¿ou e que a imos aprender por ciencia infusa?
En serio que non o entendo... se alguén mo explica...
Un saúdo
Comentario por PATRI (23-06-2009 18:23)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
O comentario será filtrado por un administrador antes de subir:
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0