ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

SABENDO GALEGO PODEMOS FALAR INGLÉS
En inglés existen algunhas palabras cuxo significado podemos deducir facilmente porque é parecido ó galego, e sabendo só castelán seríanos máis difícil de traducir; por exemplo invest, que significa investir . No vocabulario deste curso atopei vaccine que significa vacina, ou palabras como arrange que significa arranxar, tax que significa taxa,journalist que significa xornalista ou beat(bater) que tanto en galego como en inglés é unha palabra polisémica e que en castelán habería que traducila por diferentes palabras segundo o contexto. Pero non só compartimos iso co inglés, senón tamén fenómenos como o seseo, por exemplo city /s/. Tamén atopei algún exemplo na ortografia: to advocate que significa avogar ou mobile que equivale a móbil.E para rematar, sabendo que en galego dicimos o primeiro de maio resúltame máis doado lembrar que se empregan os ordinais para referirnos ós días do mes.
Así que CO GALEGO PODEMOS FALAR INGLÉS!

Fátima Lijó (4ºESO D)
e ti que opinas? (1) - Categoría: O mundo do ensino - Publicado o 09-06-2009 11:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Parabéns, Fátima! Subín o teu artigo ás Gabarras.

E unha pregunta, #blgtk08#poderiamos considerar a relación entre cornello e corner?

Até outra!
Comentario por As Gabarras (15-06-2009 19:08)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
O comentario será filtrado por un administrador antes de subir:
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0