ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

CROQUETAS DE MARISCO
INGREDIENTES:
- 400g de marisco variado (gambas, lagostinos...)
- 400g de fariña
- 2 litros de leite
- 1 cebola
- 150g de manteiga
- 2 ovos
- pan relado
- sal
- aceite

PREPARACIÓN:
Límpase o marisco e ponse a cocer con pouca auga. Cóase, pélase e pártese. Nun recipiente á parte férvese o leite. Nunha tixola con manteiga dórase a cebola xa picada. Noutra tarteira fúndese o resto da manteiga e bótase un pouco de sal. Engádese a fariña á manteiga e remóvese para que non se pegue. Engádese o sofrito de cebola e remóvese. Vértese o leite e séguese removendo ata que se forme a pasta. Cando a bechamel estea ben cocida, engádense os anaquiños de marisco, removendo con coidado durante uns 5 minutos. Déixase arrefriar a pasta noutra fonte. Cando estea fría a pasta, coa axuda dunha culler, fórmanse as croquetas. Bátense os ovos e báñanse neles as croquetas, logo rebózanse no pan relado. Finalmente nunha tixola, co aceite ben quente frítense as croquetas e pásanse a unha fonte.




VIVIANA BERMÚDEZ ALCALDE
e ti que opinas? (0) - Categoría: Da xouba á sardiña: a nosa cociña - Publicado o 11-11-2008 10:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
O comentario será filtrado por un administrador antes de subir:
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0