ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

ENTREVISTA CARAPAUS
Carapau 1: tamén chamado xurelo, xirelo, chicharro ou chincho cando é xuvenil, é un peixe mariño, de nome científico Trachurus trachurus (Linné, 1758), pertencente á familia Carangidae.

Carapaus 2: Tamén chamados Adrián Lareo (percusións e voces), Sabela Galbán (acordeón e voces), Emilio Lois (gaitas, percusións e voces), Oli Xiráldez (frautas, zanfona e ornéos) e Gustavo Couto (percusións e voz solista) é un grupo de música galega formado no ano 2012 que emprega instrumentos de repertorio tradicionais.


Collémolos tocando na manifestación ?Queremos Galego? o 17 de maio, e fixémoslles unha entrevista. Imos ver o que responderon:
1. Quen é Carapaus? Como comezou?

Carapaus somos nós!

Comezamos a raíz dunhas conversas que tivemos na Mostra de Patrimonio de Ourense do ano 2009. Xuntámonos Oli, Emilio e Gustavo, e alí fixemos a nosa primeira actuación memorable. Daquela foi cando nos demos conta de que o noso era ?recollerlles ás vellas nos portais cancións antiquísimas?.

A primeira formación que tivo este grupo chamábase ?Os Maleantes do Patrimonio?. Puxémolle o nome de Carapaus no verán do 2010. Comezamos como un trío: Emilio, Gustavo e Oli. Pero chegou un día no que Emilio decidiu que debíamos ser un trío de catro. Así que fichamos a Sabela para que tocara o acordeón. E logo decidimos que debiamos ser un trío de cinco, polo tanto incorporouse Adrián ao bombo.

2. De onde é Carapaus?

Somos da ría! Somos una mistura da Baña, de Rianxo, de Redondela, de Laraño, de Cacheiras? Pero onde está afincado o noso local de ensaio é en Laraño, Compostela.

3. Que tipo de música interpretades?

Interpretamos música tradicional galega. Pezas populares e agora tamén composicións do noso gaiteiro Emilio. Como dixo o gran Raúl Galego, facemos música tradicional actual.

4. Tendes algún traballo discográfico editado? Onde o gravastes?

Fixemos a nosa primeira maqueta nos Estudios da Radio Galega e nos locais de Nsaio do Concello de Teo. Logo fixemos unha gravación dun disco completo a Mañufe, Gondomar; aos estudios de Casa de Tolos. Chamámolle Conservas de Música Tradicional.

5. Onde podemos atopalo á venda?

O disco pódese mercar nos nosos concertos, nas tendas de música tradicional de Compostela, e na tenda de artesanía A Fiestra, de Rianxo.

6. Que tipos de actuacións facedes?

Actuamos en despedidas de solteir@s, pasos de ecuador, fin de cursos, vodas, divorcios? (bromean). Movémonos básicamente por festivais, aínda que onde realmente triunfamos é nas actuacións de rúa onde haxa bares.


7.Promocionádesvos dalgún xeito nas redes sociais?

Si, temos unha páxina en facebook, onde imos colgando as datas dos nosos concertos e algunhas fotos. (Facebook: https://www.facebook.com/pages/Carapaus/372300442788045)
Tamén temos myspace no que temos colgado algún dos temas do disco (Myspace: http://www.myspace.com/carapaus). Ademais, gravamos xa tres vídeos musicais, que están no youtube. Un deles no propio estudio de gravación, Casa de Tolos. Outro en Rianxo, e outro na Baña. Este último gravado por un ex-alumno do Félix Muriel, Francisco Gómez (o noso Spielberg). Un destes vídeos xa nolo solicitaron da MTv para unha telderetada...

8.Que acollida sentides da vosa música por parte do público?

Nos concertos que facemos, a xente sae a bailar moito, e iso a nós gústanos; sentimos que nos arroupan en cada concerto. No 2012 sorprendeunos a cantidade de actuacións que tivemos, sobre todo no verán, foi un non parar!

9.Onde poderemos vervos en directo proximamente?

Pois nos ensaios, ensaiamos todos os luns ás 5! En canto a actuacións próximas, estaremos no II Festival Ao Son do Masma (Celeiro de Mariñaos), no Callobre Folk, na Festa Rachada da Baña... Agardamos vervos nalgún deles!







e ti que opinas? (1) - Categoría: Cousas - Publicado o 24-05-2013 10:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Grazas a Martiño, a Tina, e ao ENDL do Félix Muriel pola entrevista.

Ta#blgtk08#n activos coma sempre! Non están os tempos para menos!

Apertas a moreas!
Comentario por Sabela Carapausiña! (24-05-2013 16:34)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
O comentario será filtrado por un administrador antes de subir:
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0