ENDL do IES Félix Muriel |
|
Equipo de Normalización da Lingua Galega |
|

|
Perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
FIGURARÁ O ?.GAL? EN INTERNET? |
|
A asociación .GAL (léase, punto GAL), presentou hai unhas semanas a candidatura do dominio de Internet para a lingua e cultura galega (o .GAL), que cada vez está máis cerca de conseguir a súa aprobación, xa que, a ICANN (Internet Corporation for Assigned Names and Numbers) publicou días atrás a lista final de candidatas sobre as que se presentou algunha queixa ou sobre as que hai dúbidas, e nelas non figura a candidatura .GAL.
Desta forma, a esperanza de conseguir este dominio é moi alta e por suposto positiva. Algúns factores que xogan ao seu favor son que ningún outro candidato solicitou as letras ?gal? para o seu dominio, que non hai ningunha outra candidatura para a lingua e cultura galegas e que este dominio está respaldado e apoiado por máis de 13.700 persoas e 110 institucións de todo o país.
Teremos que agardar ata finais deste verán que será cando poderemos saber cal foi o resultado emitido pola ICANN, xa que os resultados publicaranse seguindo unha orde establecida nun sorteo previo, no que o ?.GAL" obtivo o posto 742 de 1917, polo que non será dos primeiros en coñecerse.
Fabián Gómez Ces
2ºBACH B |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|