ENDL do IES Félix Muriel |
|
Equipo de Normalización da Lingua Galega |
|

|
Perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Os versos de Celso Emilio cobren o centro |
|
O alumnado do IES Félix Muriel de Rianxo estivemos preparando en memoria de Celso Emilio diversas actividades. Unha delas consistiu en "empapelar" os dous edificios co poema de Celso Emilio: Deitado frente ao mar que habemos recitar todos xuntos o vindeiro día 12 de decembro (do 12) ás 12 da mañá.
Participamos un lote de rapaces e rapazas nun traballo en cadea. Adrián e Yolanda(1º ESO B) recortaban as tiras de papel. Xiyang de 1º B, María e Alicia Fernández Ínsua (2º ESO), Fátima (1º Bac), María Domínguez (2º ESO), Raúl e Mateo (4º ESO B), Carlos (3º ESO B) axudados por varias alumnas máis de 3º ESO estiveron coa tarefa de pasar os versos. Uns escribiron nas diferentes cartulinas os versos dos poemas, outros repasábanos todo con rotuladores. Por último algúns pegábanos con celo nas paredes do centro.
Cinthia (de 3º ESO A) escribía os versos do poema todos seguidos nun papel azul que se vai pendurar nas escaleiras...
Agora só queda empezar a ensaiar para facer o recitado conxunto.
|
|
|
|
1 Comentario(s) |
|
1 |
Paréceme xenial que recordemos este autor,porque penso que este autor tivo moita importancia na #blgtk08#narrativa galega.
Por outra banda,opino que é unha actividade lúdica e que gusta.
|
|
|
Comentario por Carmen Carou (14-01-2013 09:40) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|