ENDL do IES Félix Muriel
Equipo de Normalización da Lingua Galega

Perfil
enl.felixmuriel@gmail.com
 CATEGORÍAS
 AS NOSAS FOTOS
 RECOMENDAMOS
 Se buscas... atopas!
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACAMOS

Maxin Software, gañadora do premio Leixaprén
O Premio Leixaprén, de recoñecemento á defensa e promoción da lingua galega, foi creado no ano 1999 a iniciativa do IES Poeta Añón de Outes e asumido pola Coordinadora Leixaprén de Equipos de Normalización Lingüística, que integraba distintos centros educativos das comarcas de Muros-Noia, Barbanza e arredores.
A partir do curso 2011-2012, o premio pasa a ser organizado pola CGENDL, como unha actividade aberta á participación de todos os Equipos de Normalización Lingüística dos centros de Ensino de Galicia, coa intención de lle dar continuidade ao obxectivo central co que naceu. O consello directivo da CGENDL proponlle ao Xurado, cada curso académico, o ámbito de actuación do premio.
Os destinatarios do premio serán persoas, entidades ou institucións que se caractericen por unha defensa activa da lingua galega en calquera dos seguintes ámbitos de actuación: Económico e empresarial, Xurídico e administrativo, Cultural e artístico, Deportivo, Relixioso, Medios de comunicación, márketing e publicidade, Educativo, Mocidade e lecer, Asociacionismo e Internet e novas tecnoloxías
Este premio, que acaba de ser fallado hai uns días, elexiu como gañador, tras unha votación na que participaron numerosos centros de toda Galicia, a Maxin Software (199 votos), que é unha empresa de desenvolvemento de programas informáticos que emprega a lingua galega en todos os ámbitos de xestión da empresa; así mesmo, desenvolveu solucións tecnolóxicas para a introdución do noso idioma no mundo empresarial. Teñen elaborado programas de tradución multilingüe como o "OPENTRAND" e tamén traballan moito servizos educativos e pedagóxicos relacionados co ecoloxismo e o fomento de valores cidadáns, a través de recursos variados como vídeos e xogos multimedia.
No uso do galego semellan unha empresa moi coherente e seria, que usa a lingua como marca de calidade, sen necesidade de engadir xustificacións previas; non venden identidade, pero si calidade e innovación. É dicir, exploran un ámbito empresarial que fomenta a modernidade do idioma, a súa adecuación a contextos profesionais de éxito económico e tecnolóxico. Para a votación valorouse a integración no universo TIC, o toque de innovación nos servizos que ofrece ao cliente, a perspectiva global que ten desde Galicia.
A elección foi difícil porque as restantes propostas contaban así mesmo, con grandes méritos.O resto da votación deixou en segundo lugar, con poucos votos de diferenza, á empresa R Telecomunicaciones,e en terceiro posto a Alimentos Amorodo.
Felicitacións e grazas a todas estas empresas polo seu labor.
e ti que opinas? (0) - Categoría: Novas lingüísticas - Publicado o 30-05-2012 11:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
O comentario será filtrado por un administrador antes de subir:
© by Abertal
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galegojujelEste blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0