ENDL do IES Félix Muriel |
|
Equipo de Normalización da Lingua Galega |
|

|
Perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A situación do galego no ensino |
|
Dende a chegada ao goberno da Xunta de Núñez Feijoo no ano 2009, a defensa do galego por parte da administración pública vai en decadencia.
No ámbito do ensino sacou adiante un ?decretazo? antipopular derogando así o anterior aprobado por unanimidade. Este decreto,(seica chamado ?do plurilingüismo?) o que pretendía era reducir a presenza do galego do 50% mínimo que garantía o anterior a un 33%, para no seu lugar impulsar o inglés. Mais, finalmente, o de darlle igual importancia ao inglés non foi adiante pola falta tanto de medios coma de fundamento académico. O resultado é que agora, ese decretazo, estámolo sufrindo tendo que estudar gran parte das nosas materias en castelán.
Ao longo de todo este tempo convocáronse diversas manifestacións multitudinarias sendo a máis emblemática a do 21 de xaneiro de 2010. Ese día, encheuse a Praza do Obradoiro e segundo me conta meu irmán foi moi emocionante. Este 17 de maio, com motivo do Día das Letras Galegas a plataforma cidadá Queremos Galego, debido a este problema, convoca de novo a todos e todas a manifestarse en Compostela pola defensa do noso patrimonio lingüístico.
Lucía Ordoñez Iglesias |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|