ENDL do IES Félix Muriel |
|
Equipo de Normalización da Lingua Galega |
|

|
Perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
REALMENTE EVOLUCIONAMOS TANTO NOS NOSOS IDEAIS? |
|
A miña avoa díxome que nos seus tempos falar galego estaba mal visto. O outro día indo pola rúa aínda cheguei a escoitar unhas verbas un tanto peculiares. Unha nai duns 30 anos dicíalle ao seu fillo de cinco; ?Cariño , háblame bien?, xa que este contestara en galego a unha pregunta. E eu quedei pensando que se podemos evolucionar cara a outros aspectos da vida , por que non cambiamos respecto a como se trata o galego?
É moi fácil alardear de ser unha persoa moi moderna. É moi doado dicir que os tempos de antes eran peores e que cambiamos para mellor. Pero realmente hai aspectos que non cambian, hai persoas que seguen vendo o galego como unha lingua desprestixiada e que pensan que falar o noso idioma é de xente menos fina. E logo, están outros que pensan que falar con gheada ou seseo é un vicio feo, e que queda mal na lingua.
Realmente, ao meu parecer non hai cousa máis fermosa que poder presumir da nosa lingua, de falar con distintas características e de ser de Galicia .
Nerea Lorenzo Rodríguez 4ºC |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|