ENDL do IES Félix Muriel |
|
Equipo de Normalización da Lingua Galega |
|

|
Perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Do valenciano ao portugués... |
|
Estiven recentemente en Valencia, e durante a miña estancia alí xurdiume unha dúbida :
por que o valenciano non é recoñecido polo Estado como idioma oficial e o galego si?
Busquei este tema na rede, e a razón principal que atopei é que o valenciano só é unha
variante do catalán ao igual que o mallorquí. Pero, ao preguntarlle sobre o particular
a algunhas persoas naturais da comunidade valenciana, estas aseguráronme que hai
notorias diferenzas entre o catalán e o seu ?idioma?. Logo de comprobar a existencia
destas diferenzas entre o catalán e o valenciano, decateime de que non son moitas
menos cás hai entre o galego e o portugués. Máis eu non teño os estudos de filoloxía
precisos para determinar se o valenciano debería ser recoñecido a nivel estatal como
idioma oficial ou non.
Pero logo de ter acabado a miña pescuda das diferenzas entre catalán e valenciano,
lembrei que este último, ao igual có galego, emprégase no estudo, nas institucións
públicas e nos medios de comunicación das súas respectivas autonomías. Entón,
por que un é oficial para o Estado e outro non? Trátase dunha cuestión de política,
de opinión, de filoloxía?? Isto fíxome presentar a seguinte hipótese: se Portugal
fose unha comunidade autónoma española, diferenciaríamos o galego do portugués?
Consideraríase o portugués un dialecto derivado do galego ou viceversa? Ben, a miña
opinión, no caso desta suposta situación, é que os galegos loitariamos polo noso idioma,
ao igual que fixemos todos estes anos, malia que agora esteamos sufrindo este retroceso
na normalización da nosa lingua.
Irene Blanco Martínez (4º ESO C) |
|
|
|
2 Comentario(s) |
|
1 |
Olá,
Enormes parabéns para a Irene. Estando em 4º da ESO é capaz de chegar a conclusões que a #blgtk08#maior parte dos seus professores e da classe política não é capaz de chegar. Promete muito ;-)
|
|
|
Comentario por Valentim Fagim (03-05-2012 11:19) |
|
|
2 |
Parabéns Irene, estás a só um passinho de descobrir o grande 'mistério' da nossa língua, algo que tentam ocultar #blgtk08#por todos os médios no sistema educativo espanhol.
http://carvalhocalero.academiagalega.org/citas |
|
|
Comentario por Vicente (03-05-2012 14:02) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|