ENDL do IES Félix Muriel |
|
Equipo de Normalización da Lingua Galega |
|

|
Perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O galego... unha reflexión sociolingüística |
|
O uso do galego nas familias galegas presenta variantes tanto en función da zona de residencia, da clase social coma do poder económico.
Así, en función da zona de residencia, o núcleo rural é a zona predominante do galego mentres que na zona urbana a poboación usa máis habitualmente o castelán.
Por outra parte en función das clases sociais e do poder económico, xa desde hai moitos anos e sobre todo, desde o franquismo,observamos como conseguiron difundir a idea de que tiña máis categoría ser castelán falante que galego falante (falar galego relacionábase coa xente sen estudos e ?inculta?). Actualmente, o uso do galego cobrou máis importancia dado que se ve máis amparado pola promulgación de novas leis, polo tanto empezou a usarse nas administracións publicas, escola, ?
Ultimamente un dos aspectos máis preocupantes para a supervivencia da lingua é que está fallando, diminuíndo, a transmisión do galego. É dicir os pais e nais, cada vez máis, fálanlles castelán aos fillos/as porque pensan que é moito mellor que o galego, aínda que eles se criaran falando galego. Isto provoca que menos nenos e nenas teñan como lingua inicial o galego o que fai que haxa cada vez menos persoas que falen galego.
Martín Taibo (4º ESO C) |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|