ENDL do IES Félix Muriel |
|
Equipo de Normalización da Lingua Galega |
|

|
Perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Galego e relixión. A miña experiencia ou valoración. |
|
Creo poder afirmar que Galicia foi dende sempre un lugar moi vencellado á tradición relixiosa e espiritual que os antepasados lle foron deixando. Dende cativos, e sen posibilidade de elección, a maioría de nós fomos bautizados e obrigados a perder esas valiosísimas mañás de domingo para ir ó catecismo e aturar o sermón dun señor que viste saias. O procedemento todos o sabemos: aprender as oracións dun libro que nos ensina as normas morais da relixión católica e atender ás lecturas do cura un par de anos ata que estamos ?preparados? para recibir a comuñón. Pero non fai falla rebuscar moito para darse de conta de algo tan evidente coma o feito de que a tradición relixiosa non foi o único que herdamos do pasado... todos aprendemos o ?padre nuestro?, o ?por la señal de la santa cruz...?,ou incluso o ?santa María, madre de Dios...?. Todas estas oracións ou rituais están en castelán. Herdámolas ou ensináronnolas en castelán.
As misas, as oracións,todos os documentos e a maioría dos eclesiásticos utilizan o castelán como lingual vehicular. Así é que as pasadas xeneracións, moito máis cercanas á cultura relixiosa que as de agora, relacionan inconscientemente o castelán ca lingua de Deus e o galego como lingua de pobres e ignotantes (aínda que a culpa neste caso non é toda da igrexa). Estas relacións van creando conflitos nos fillos, e así ata chegar á situación actual, na que, aínda hoxe en día se seguen escoitando cousas como ?neno, fálalle ben ó padre que el non entende o galego?.
Alba Sobradelo (2º Bac.C) |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|