ENDL do IES Félix Muriel |
|
Equipo de Normalización da Lingua Galega |
|

|
Perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
XORNAIS EN GALEGO DO BARBANZA E NOIA. |
|
Navegando por internet encontramos un xornal escrito en galego no que se contan as novas dos concellos do Barbanza e Noia. O xornal chámase Certo, é un xornal dixital que informa sobre as distintas localidades das bisbarras de Barbanza (Rianxo, Boiro, Dodro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira) e Noia (Noia, Porto do Son e Lousame). É un medio de información orientado cara aos servizos, máis ben de anuncios, tamén achegan data, hora e lugar de acontecementos e actividades que van suceder, aínda que pola súa estrutura, máis ben limitada, só pode cubrir uns poucos. Tamén hai espazo para a reflexión, cunha serie de colaboradores que escriben semanal ou
mensualmente. Intentan primar a fotografía sobre o texto.
O xornal naceu no ano 2007 como un xornal gratuíto mensual.
Deste tipo de xornais había moitos por toda Galicia e un grupo de amigos decidiu xuntarse e crear un para as comarcas de Barbanza e Noia pois xa antes existira un xornal deste estilo que se chamaba Citania. Este xornal durou un ano porque se quedaron sen ingresos publicitarios, e só
tiñan dúas opcións; pechar ou seguir en internet e decantáronse pola segunda opción.
Tamén existen outros xornais parecidos noutras comarcas, como o caso de: Que pasa na costa, que abrange as comarcas da Costa da Morte e outro Todo Grove que abrangue as vilas da zona do Grove.
Jennifer Lorenzo Creo Nº 14 4ºB
María López Saavedra Nº13 4ºB |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|